<$BlogRSDURL$>

12.5.10

Artigos de crítica ética-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

¡Xa era hora! No pasado ARCO puiden ver que o Atlas Mnemosyne xa tiña edición española. Está editado por Akal cun prezo de 38 euros. Este é o enlace á web da editorial, onde ademáis explican brevemente cousas sobre os criterios de edición da obra.

Recentemente tamén saíu ao mercado La imagen superviviente, estudo de Georges Didi-Huberman sobre a figura de Aby Warburg. Precisamente, será o propio Did-Huberman o encargado de comisariar a mostra Atlas sobre Warburg que se celebrará entre o 3 de Novembro do 2010 e Febreiro 2011 no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid.

Para quen non o saiba, El ritual de la serpiente foi o libro co que se iniciou o meu interese pola sua figura e tamén polo culto dionisiaco.

Por último, comentar que Gombrich ten unha biografía intelectual sobre Warburg e recomendar para aqueles que se introduzan no "mundo Warburg" este artigo El País .

Xa sei, xa sei, que son demasiadas cousas e que hai pouco tempo pero, polo menos, sirva esta anotación para dar conta e celebrar o interese que está a despertar Aby Warburg no noso contexto máis próximo.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License