<$BlogRSDURL$>

1.4.10

IREE? (Ano I) 

Reflejos en Transitland (II)

En Intervista (1998), Anri Sala elabora un exercizo de memoria sobre a súa nai (exmilitante do partido comunista albanés). O realizador atopa unha filmación sen son dun mitín no que aparece a súa nai (das xuventudes comunistas) xunto a Enver Hoxha (primeiro ministro do país). A partir de aí confronta o ideario político da súa nai (revisando o pasado dunhas declaracións que non recoñece como propias) construíndo unha reflexión desencantada do período comunista. Un ideario do que perviven elementos teóricos pero que desmentía unha praxe política chea de medos e caudillismo. Como curiosidade sinalar que este traballo levou un premio en Santiago de Compostela.

En Mantra (2006) Gordana Adjelic-Galic filma unha acción na que camiña por unha estrada cargando con cada vez con máis bandeiras. Segundo se pode ler no programa: "Durante el trayecto, le entregan otras banderas que históricamente han representado a Bosnia-Herzegovina". O interese deste traballo recae moito máis no simbólico que no formal, un exercizo performativo sobre o peso, cada vez maior e máis incómodo, da historia nacional.

Por último, non podía faltar un dos xéneros que máis fixo pola experimentación visual nas últimas décadas, estou a falar do videoclip. O elixido foi "Capital" interpretada pola banda de rock bielorrusa Lyapis Trubetskoy e realizado por Aliaksei Tserakhau (2007). Este videoclip resulta especialmente interesante dende o punto de vista da iconografía política. Como está en Youtube, recomendo o audiovisionado e aforro comentario, vai con subtítulos en inglés (unha cousa que se botou de menos na proxección, xa que se pasou sen subtítulos).





Polo que se puido ler ata aquí a selección feita para "Reflejos" foi moito máis interesante que a feita para "A pie de Calle". Algo que tampouco era moi difícil.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License