<$BlogRSDURL$>

30.3.10

IREE? (Ano I) 

"Reflejos" en Transitland (I)

O pase comezou coa obra inicial da serie "A pie de calle". Un erro menor que logo se solucionou. Menos mal porque non estaba disposto a perder o tempo audiovisualizándoa de novo. Cunha vez xa chegou.

Si no caso de "A pie de calle" falabamos dalgunhas tendencias dese ente escorregadizo que podemos chamar de xeito impreciso, porque dalgunha forma o temos que enunciar, como audiovisual artístico; as obras programadas baixo o título de "Reflejos" participan das formas hexemónicas deste tipo de audiovisual.

Así por exemplo Everything Changes (Egon Bunne, 1990) preocúpase polo tratamento da imaxe establecendo analoxías entre diferentes períodos da historia alemana. O resultado formal deste traballo, feito no contexto inmediatamente posterior da Berlín post-1989 (está datada en 1990) é moi do gusto das obras en vídeo dos oitenta (coas súas viraxes e a súa intervención tecno-manierista na imaxe).

Fucking Electricity/Currents of Death (Vadim Yuryevich Koshkin, 1993) é un exemplo característico dese tipo de prácticas fílmicas vangardistas nas que se utilizan imaxes de arquivo (neste caso acompañadas de distorsións sonoras). Esta técnica, coñecida como found footage ou cinema reciclado, é hoxe a máis recorrente do audiovisual artístico. Algo lóxico nun contexto neohelenístico dixital de "contaminación" visual por exceso na que xa se teorizou sobre o fin de todo.

Naine (A Woman) (Eléonore de Montesquiou, 2009) é un traballo de non-ficción no que se da unha dicotomía entre imaxe e son. Neste caso esta dicotomía non funciona de xeito dialéctico para desmentir un destes dous compoñentes, pero tampouco para reafirmalos claramente. Montesquiou elabora unha composición de ritmo tranquilo, en branco e negro, con imaxes de arquivo e contemporáneas, na que a narrativa vai dirixida pola voz en off dunha muller estonia residente en Rusia que retrata a xeración das mulleres que lle son contemporáneas e os conflictos ambivalentes da súa nacionalidade fronteiriza.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License