<$BlogRSDURL$>

29.3.10

IREE? (Ano I) 

Actividades previas ao pase de Transitland

Onte paseime polo Reina e comprobei de novo que a obra de Pedro G. Romero, Archivo FX, segue a ser un obxecto escultórico, unha pantalla plana que da un aire tecnóloxico á sala pero que non sirve para nada (como a maioría das veces -moitas- que tentei interactuar coa obra).

Hoxe tamén voltei para ver o novo pase de Transitland titulado Reflejos e aproveitei para pasarme pola sala onde está proxectada a obra de Sistiaga. A nova copia é moitísimo mellor que as anteriores e o trozo que vin hoxe non estaba nada pixelado ¡Ben!

Non hai respeto polos formatos orixinais (puro DVD) pero polo menos as condicións de exhibición dos filmes mellora. A evolución desta sala é significativa: non había banco, era branca e a copia era un auténtico desastre. Agora hai banco, é negra e as sucesivas copias foron mellorando a súa imaxe ata chegar a esta que é moito mellor que as anteriores.

Tamén baixei ás bovedas de Sabatini para audiovisualizar ¿Alguna vez has visto la nieve caer? de Mario García Torres. Non tiven tempo para ver completa a proposta, así que serei prudente.

As bóvedas teñen unhas grandes posibilidades escenográficas e xeran un clima de recepción claroscurista que aproveitou Isidoro Valcárcel Medina para a espectral obra sonora que imaxinou, non hai moito, para ese espazo e que tamén está presente na instalación do fotógrafo mexicano.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License