<$BlogRSDURL$>

26.3.10

IREE? (Ano I) 

Salvo excepción (pouca) frouxo, moi frouxo o nivel do pase de hoxe inserto no ciclo Transitland que se está a celebrar no Reina Sofía. O primeiro que non entendín foi porque un traballo como Voyeur (Aleksandar Spasoki, 2008) está baixo un epígrafe chamado "A pie de calle". A segunda cuestión é ¿En que medida estas audiovisualidades son significativas das transicións políticas ou biopolíticas dos contextos en que se enmarcan? Ademáis algunhas curtas pecaban dese amateurismo con pretensións que caracteriza parte do audiovisual artístico. Parece que o feito de que un/ha artista colla unha cámara xa lle da un status de "interesante" ao produto pero por suposto isto non é así. Por outro lado, tamén houbo unha minidose de provocación institucionalizada, moi do gusto do espectador da neovangarda. Provocación previo pago do seu importe como a de Traffic Control (Ivan Moudov, 2001).

En xeral "decepción" cando o marco espazo-temporal e ideolóxico do ciclo anunciaba outra cousa que imaxinaba, iluso de min, ben diferente. Espero que o resto de traballos incluídos nos outros tres programas ("Reflejos", "Obsesiones" e "Interpretando la transición") subiran o listón.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License