<$BlogRSDURL$>

15.1.10

IREE? (Ano I) 

La Celosía de I.V.M. no Reina Sofía (e IV)

Javier Aguirre dixo que a el o visionado de La Celosía se lle fixera curta. Non foi o meu caso e creo que tampouco o da maioría das persoas (sobre dezasete) que se quedaron ata o final do pase.

Asumindo que a obra é inaprensible La Celosía convertise nunha narración soamente parcialmente lexible, incluso por momentos abstracta. Penso que na súa concepción hai moito de xogo, outro máis de I.V.M que se toma estas cousas moi en serio.

---
Post scriptum: Na súa intervención inicial, Valcárcel Medina contou un chiste que máis ou menos viña o dicir o seguinte. Nun campo hai unha vaca que está a comer unha película. A ela achégase outra vaca que que lle pregunta que tal está. E esta contéstalle que non está mal pero que prefire a novela.

P.s.2: Na rolda de preguntas Aguirre comentou que mantivo contacto con Alain Robbe-Grillet durante dous ou tres anos e que lle comentou a existencia da película que fixera I.V.M. Da recepción que tivo Robbe-Grillet con respecto a obra de I.V.M. non sabemos nada. Non hai constancia de que a vira.

P.s.3: A estas horas estarei voando cara Milán.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License