<$BlogRSDURL$>

10.1.10

IREE? (Ano I) 

La Celosía de I.V.M. no Reina Sofía (I)

Xa vira La Celosía con auriculares e diante da pantalla dunha computadora. Así que xa sabía o que ía a ver no Auditorio Sabatini e fun máis relaxado. Sabendo que non ía lograr compoñer todos os datos que se me dan.

Como dixo Isidoro Valcárcel Medina, o encargado de realizar este traballo, para elaborar esta especial adaptación cinematográfica da obra homónima de Robbe-Grillet partiu desa frase tan típica de "ha sido llevada al cine". El non opta por encarnar en actores os sucesos senón en trasladar a novela case literalmente á pantalla. Digo "case" porque si que hai intervención.

I.V.M. opta por destacar aquelas frases/párrafos que lle parecen máis suxerentes illándoas do resto do relato ou otorgándolles máis tempo en pantalla e, por exemplo, superpón o son daquelas que menos lle interesan. Dirixe polo tanto o ritmo da obra e xerarquiza a información que nos quere proporcionar. Ademáis introduce a figura dun plano arquitectónico elaborado a partir dos datos que da a novela. A única "figura" en medio desa sucesión de letras e sons.
Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License