<$BlogRSDURL$>

12.1.10

IREE? (Ano I) 

La Celosía de I.V.M. no Reina Sofía (III)

Despois do audiovisionado (en La Celosía ten tanto peso, ou incluso máis, o son e as súas ausencias que as imaxes) foi interesante o debate que houbo sobre a xestión deste tipo de películas.

I.V.M. négouse a vender esta copia ao Reina Sofía. Opúxose a que formase parte desta institución que acumula, como dixo el, millares de obras. En certa medida considera que vender ao Reina este traballo é rachar a relación de afecto que el mesmo ten co obxecto e patrimonializar algo que el non sinte a necesidade de que se patrimonialice. Valcárcel Medina non desexa que a circulación desta película sexa controlada por unha institución.

Entre o público estaba Javier Aguirre ao que o Reina Sofía lle adquiriu o seu ciclo de Anticine. Aguirre mantén unha postura oposta á que ten I.V.M. El si que se preocupou polo estado de conservación dos seus filmes e está encantado con que este museo optara por adquirilas.

Para Aguirre as súas películas encontron no museo un espazo óptimo de exhibición, mellor incluso que o das filmotecas. Ademáis, a adquisición fai que as posibilidades de circulación das copias aumenten, el insistiu en que o que desexa é que os seus filmes se vexan. E, obviamente, os ingresos recibidos (absolutamente marxinais si os comparamos con outro tipo de obras que forman parte da nova colección do Reina) fan que poda continuar traballando no cinema.

Algo que tamén o diferenza de I.V.M. que soamente sentiu a necesidade de filmar La Celosía. Nesta película fixo todo o que quería facer en cine. Si que elaborou algún guión propio pero o resultado final era moi semellante ao de La Celosía así que optou por non traducilo en imaxes e sons.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License