29.7.09
Itinerarios Periféricos
...Lamas, Padrón, Lamas, Compostela, Monte de Abaixo, Lamas...
Etiquetas: Itinerarios Periféricos
# posted by carlos : 9:30 PM
|
Itinerarios Periféricos
...Lamas, Vigo, A Lanzada, Cambados, Lamas...
Etiquetas: Itinerarios Periféricos
# posted by carlos : 12:43 AM
|
28.7.09
Itinerarios Periféricos
...Lamas, A Coruña, Lamas, Compostela, Noia, Baroña, Riveira, Lamas...
Etiquetas: Itinerarios Periféricos
# posted by carlos : 12:04 AM
|
25.7.09
Itinerarios Periféricos
...Madrid, Compostela, Lamas, Praia de Vilar, Lamas...
Etiquetas: Itinerarios Periféricos
# posted by carlos : 9:23 PM
|
23.7.09
Acción web (Mes E)
"A zoa temporalmente autónoma é unha forma de sublevación que non atenta directamente contra o estado, unha operación de guerrilla que libera unha área e se disolve para reconfigurarse noutro sitio/ noutro intre antes de que o estado poda aplastala." (Hakim Bey)
Etiquetas: Acción web
# posted by carlos : 9:52 AM
|
21.7.09
Espazo Crítico da Política Cultural Galega (Mes F)
Do xurado do CGAC (1ª parte)
Este é
o xurado do CGAC. Moito xestor cultural, poucos teóricos e ningún artista.
Nel están os directores (no caso de Rafa Doctor é xa ex-director) dos centros que desplazaron á institución compostelana da centralidade coa que contaba na zoa do noroeste ibérico. Centros que lograron abrirse un oco no panorama cultural estatal ao optar por unha decidida especialización dos seus intereses (o
MUSAC atendendo á arte dos últimos cinco minutos e a
Laboral explorando as relacións entre arte e tecnoloxía).
Ademáis está a obrigada "cuota galega" representada por Iñaki Martínez Antelo, director do outro gran espazo de Galicia adicado a arte contemporánea (o
MARCO de Vigo), e por Chus Martínez (coñecida profesional que foi directora do
Frankfurte Kunstverein e neste intre é conservadora xefe do
MACBA).
Por último foron elexidos para formar parte deste comité de selección Lourdes Fernández, directora de
ARCO, feira coa que o CGAC mantivo durante toda a súa historia unha
estreita relación; Simón Marchán Fiz, un dos teóricos artísticos máis influíntes da España do post-franquismo; Joao Fernandes, director do
Museo Serralves, a principal institución de arte contemporánea portuguesa; e Manuel Borja-Villel, máximo responsable do
MNCARS, o museo máis importante (polo menos en presuposto) do estado español.
Borja-Villel foi tamén o escollido para presidir este xurado.
Etiquetas: ECPCG
# posted by carlos : 2:40 PM
|
20.7.09
As incertidumes de Carlos Certo (Mes D)
O mail chegou tarde pero chegou. Así que xa teño sustento para o ano a cambio doutro título o que suporá deixar, abandoar, regresar... Vivimos nunha sociedade de prazos curtos, de acumulacións e xustaposicións, de méritos cuantitivos máis que cualitivos. Na que sempre máis e máis. Eu sigo teimudo, pouquiño a pouco ¿Cara onde?
Etiquetas: Incertidumes
# posted by carlos : 3:04 PM
|
19.7.09
Acción web (Mes E)
A comezos do século XXI, estancadas as posibilidades mercantís que ofrecía o net.art, o entramado da economía artística (dende espazos de creación ata revistas) perderon o interese por este tipo de prácticas. Desta forma o seu relato se desplazou dende a centralidade coa que contou a finais dos noventa a un mero apéndice da cultura visual. A isto uníuse o feito de que as propostas utópicas da primeira xeración de activistas web acabaron diluíndose no desencanto. Nós nos situamos despois dese desencanto, nunha etapa na que é necesario reactivar o relato das prácticas estético/políticas na rede.
Etiquetas: Acción web
# posted by carlos : 11:18 AM
|
18.7.09
Acción web (Mes E)
A rede configura un novo espazo público pero segue estando sometida á atenta vixilancia dos poderes políticos e supeditada aos intereses dos lobbies económicos.
Etiquetas: Acción web
# posted by carlos : 10:01 AM
|
17.7.09
Acción web (Mes E)
A rede é un campo de batalla ideolóxico onde se reproducen os mesmos debates que protagonizan o resto das esferas sociais.
# posted by carlos : 8:27 AM
|
16.7.09
Acción web (Mes E)
A rede non é un espazo autónomo da realidade. No capitalismo cognitivo non existe ningunha fenda entre o mundo virtual e o mundo real.
Mail
Etiquetas: Acción web
# posted by carlos : 8:36 AM
|
15.7.09
Acción web (Mes E)
A integración dos medios de comunicación
nunha soa pantalla. A interfaz informática ten cada vez máis protagonismo na nosa recepción da información.
Etiquetas: Acción web
# posted by carlos : 8:43 AM
|
12.7.09
As incertidumes de Carlos Certo (Mes D)
E pasou o día dez e o mail que tiña que chegar non chegou. Cambiaron o prazo, comezan a avisar a xente a partir do día doce de xullo. É dicir a partir de hoxe, pero como é domingo empezaran a facelo o luns. Así que non perderei de ollo o correo electrónico.
Cada vez fálase menos de cartas incluso para trámites administrativos. Salvo excepcións aos nosos buzóns soamente chegan as persistentes facturas.
Etiquetas: Incertidumes
# posted by carlos : 9:09 PM
|
11.7.09
Acción web (Mes E)
Novos contextos:
O desenvolvemento das novas tecnoloxías deslocalizou as posibilidades de conexión a Internet.
Etiquetas: Acción web
# posted by carlos : 1:38 PM
|
8.7.09
Acción web (Mes E)
Novos contextos:
Nas sociedades altamente tecnificadas a cibernética pasou a formar parte da nosa bioloxía.
Etiquetas: Acción web
# posted by carlos : 3:52 PM
|
6.7.09
Acción web (Mes E)
Debido ao crecemento de Internet como medio de comunicación é necesario actuar politicamente nela desestabilizando aquelas iniciativas que aspiran a monopolizar e homoxenizar a información (contidos e acceso) que podemos atopar na rede. Buscando medios que favorezan a comunicación desxerarquizada e interactiva de usuario a usuario.
Etiquetas: Acción web
# posted by carlos : 6:54 PM
|
5.7.09
Espazo Crítico da Política Cultural Galega (Mes F)
Retomamos o texto titulado "O efecto Steiner" elaborado por Uxío Marsuco e Isaac Marcel e dado a coñecer orixinalmente por PERIFÉRICOS nesta anotación e que di o seguinte:
As declaracións de Steiner fixeron reflexionar á comunidade cultural galega sobre a súa invisibilidade en certos círculos intelectuais.
Para mellorar esta situación compre logo por un lado saír desa continua reflexión interior arredor dos temas identitarios e diferenciais e xerar un diálogo de ideas co exterior mirando máis alá do triángulo Barcelona-Madrid-Lisboa que tradicionalmente marcou o horizonte da práctica cultural galega (coas "terras celtas" e a América Latina como convidados excepcionais).
Este tráfico de ideas entre a cultura galega e o resto de culturas tense que dar dende unha doble óptica: a primeira exterior-interior é dicir fomentar que os estudiosos foráneos de primeiro nivel dean a coñecer as súas teorías en Galicia (as recentes presenzas de Guilbaut no Consello da Cultura Galega e a de Stephen Hawking na USC son un boísimo exemplo) e dende Galicia (a través de publicacións científicas pensadas para ter presenza máis alá do estado español ou articulando un proceso seleccionado de estancias).
A segunda sería nun sentido interior-exterior asumindo o reto da mundialización, fomentando deicididamente a mobilidade dos investigadores e organizando unha serie de eventos (culturais pero non panfletarios) adicados a dar a coñecer a cultura galega (de dentro e de fóra) e o que se fai en Galicia.
Dito isto compre engadir que:
-Galicia non chega aos tres millóns de habitantes. Os dircursos maximalistas non teñen ningún sentido.
-O contexto de recesión económica recomenda actuar coa premisa de facer pouco pero facelo ben.
A resposta crítica de Ángel Ruiz a este texto foi a seguinte:
1. No sé qué es eso de la comunidad cultural gallega, señores Marcel y Marsuco.
2. La invisibilidad puede deberse a ceguera de parte del receptor o a que en realidad el objeto no existe.
3. Se ha inflado el concepto 'cultura gallega' y luego se descubre que no responde a nada.
4. Visión más positiva: la supuesta 'cultura gallega' son 4 amigos que se dan premios. Luego se asombran de que el resto de la humanidad no sepa que existen.
5. Hawking es simplemente una figura mediática a la que llevaron a ver el botafumeiro. Titulares de prensa y resultados mediáticos, pero no veo lo que suponga eso de proyección de Galicia. Sí que veo lo que supone de proyección de los que le han traído (Jorge Mira y el rector) y en segundo término de la comillas Ciencia cierra comillas.
Acabáis en lo de siempre: visibilidad = inglés.
6. Otra posibilidad es traer a Galicia a gente como Steiner y empapuzarles de marisco: seguro que no vuelven a decir nada en contra. Pero Steiner se ha demostrado que es tonto (nunca me pareció trigo limpio), lo que resuelve la cuestión.
7. Pero si todo es cuestión de imagen, pues tenéis razón, qué voy a decir.
Etiquetas: ECPCG
# posted by carlos : 11:36 AM
|
4.7.09
As incertidumes de Carlos Certo (Mes D)
Estou canso de preguntarme anualmente "E agora que?" para ir tirando. O paro descendeu en xuño pero voltará a subir cando rematen os parches á construción. A cousa está moi mal e o pragmatismo entabla unha dialéctica co soño. Eu sigo persistindo no proxecto e agardo que a solución híbrida chegue ao meu mail antes do 10 de xullo, consciente de que pode ser unha especie de "Plan E", de bastante pan para hoxe e fame para o ano seguinte. E de non chegar? Pois de novo haberá que darlle resposta a un improvisado E agora que?
Etiquetas: Incertidumes
# posted by carlos : 11:13 AM
|
2.7.09
Acción web (Mes E)
Novos contextos:
Do nomadismo e a mascarada dos primeiros tempos da rede pasouse ao individuo localizado e situado a través das redes sociais como Facebook.
Etiquetas: Acción web
# posted by carlos : 8:30 PM
|
