31.1.09

Entrevista a Borja-Villel en Textos-Críticos 

Luis M. Ruiz faille unha entrevista a Manuel Borja-Villel na que se ve perfectamente por onde irá o NeoReina. O cuestionario pódese ler aquí.

Mail

Etiquetas:


|

25.1.09

Mitin electoral (I) 

José Adolfo Andrade del Monte, actualmente cargo de libre designación nunha Universidade pública e futuro funcionario per secula seculorum (por obra e graza do seu tío, un respetado político socialista) presentou onte o seu programa electoral (que recollemos integramente en PERIFÉRICOS):

"Soy moderno"
Aplausos do público.

"Soy eterno. Y lo estoy pasando bien."
O público volve a interromper con aplausos.

"Soy Vampiro con melena. Soy un Drácula-Ye yé"
Ovación absoluta e petición de orella e rabo pola profunda metáfora comprometida detrás da que se esconde unha visión crítica da situación laboral da plurinación.


Mail

Etiquetas:


|

21.1.09

O día despois... 

O día despois de que Obama subira ao poder, el encheuse de valor e talante para comentarlle á súa responsable de bolsa (pseudoxefa) todos os excesos que estaba cometendo.

Como non podía ser doutro xeito, escoitadas as posturas do precario subordinado a xefa escudouse na súa falta de interese para invitalo a saír.

E o precario así o fixo. Saíu pola porta sabendo que non ía volver a entrar (poucos cartos tiña que gañar, poucos cartos vai perder) pero cheo de dignidade (entre bágoas iso si).

¿O mundo estaba cambiando? Probablemente non, pero el si. Algo é algo.


Mail

Etiquetas:


|

14.1.09

A parodia do "outro" como etnógrafo 



Agarrando Pueblo é un filme colombiano (de 1977) realizado por Carlos Mayolo e Luis Ospina.

Mail

Etiquetas:


|

9.1.09

Pepepaco ou un eremita en Xetafe 

A neve incrementa a sensación de soedade dos venres pola mañán. O campus está blanco e case baleiro. Soamente hai unhas poucas persoas que camiñan buscando refuxio e que rapidamente desaparecen como sombras fugaces. Nada queda da ledicia nevada da infancia.

Mail

Etiquetas:


|

8.1.09

Comunicando (por Marga Román) 

Segundo un estudo elaborado polo Observatorio de Medios Audiovisuales de la Universidad de Salamanca, publicado na revista dixital EnRed, a Universidade Pública de Navarra e a UC3M de Madrid son as institucións universitarias que contan cunha web de máis calidade. No último posto da lista quedou a Francisco de Victoria (un centro privado).

Dos centros galegos o que obtén unha mellor puntuación é a USC e o que sae peor parado e a UDC.

Mail

Etiquetas:


|

7.1.09

Itinerarios Periféricos 

...Madrid, Guadalaxara, Vilalba, Alto de Xestoso, Vilalba, Lamas, Pontecesures, Santiago, Madrid, Xetafe, Madrid...


Mail

Etiquetas:


|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License