<$BlogRSDURL$>

13.12.09

IREE? (Ano I) 

Aproximadamente, 52 persoas asistiron ao peche de "Multitud Singular. El arte de resistir". E digo aproximadamente, porque durante todo o tempo que durou o pase houbo xente entrando e saíndo todo o rato. Un goteo, nada precipitado, pero continuo de persoas.

O programa 11, que era o que tocaba onte, estaba conformado por dous filmes e comezou ás 19:30. Primeiro fíxose a proxección de Bernardette (Duncan Campell, 2007) e logo a de Tierra de España (Joris Ivens, 1937). Estivo ben que o ciclo pechase coa obra de Ivens, é desas creacións que terían que estar en pantalla grande diante do Guernica. Unha visión "contextual" á que apuntaba a primeira remodelación do entorno da pintura de Picasso que se fixo no inicio da "era Villel". Algo que quedou bastante diluído pola nova proposta da "Colección reescrita".

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License