<$BlogRSDURL$>

11.12.09

IREE? (Ano I) 

Fun ao Palacio de la Música (¡Xa tiña ganas!), un cinema que está na Gran Vía madrileña. Era o pase das 16:30, a entrada valeume sete euros porque non era o día do espectador. A sala foi a dúas e en total estivemos audiovisionando Planet 51 (Jorge Blanco, Javier Abad, 2009) cinco persoas. Dúas señoras maiores que foron as que mellor o pasaron (escachaban coa risa), un neno de oito ou nove anos ao que parecía que non lle facía moita graza o filme e o seu pai que o acompañaba (era este o que comía os flocos de maíz e non o rapaciño).

No Reina botaron ás oito a primeira parte de Lithuania and the Collapse of the USSR (Jonas Mekas, 2008). Polo que puiden entender, na presentación que fixo Mekas neste museo días atrás, é unha obra que foi concebida de xeito unitario. Foi a institución a que optou por dividila en dúas metades. Onte tocaron os primeiros 144 minutos e hoxe os 142 restantes. En total, 286 minutos, case nada.

No Auditorio Sabatini había 22 persoas, que non pagaron entrada, e predominaba a xente nova. No medio da proxección producíuse unha pausa na que se indicaba que remataba a primeira parte. Pregunteille ao proxeccionista por si finara a cousa e el indicoume que ía comezar unha segunda parte que duraba máis dunha hora (non sei moi ben a que resposta esta subdivisión).

Oito persoas non remataron o audiovisionado (catro mulleres e catro homes), pero tamén houbo dous audioespectadores que se sumaron na metade do pase.

Como a peza terminou tarde e o museo xa estaba pechado, tivemos que saír pola porta de Santa Isabel. Optei voltar a casa andando, como case sempre. Ía frío pero a noite estaba agradable.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License