<$BlogRSDURL$>

10.12.09

IREE? (Ano I) 

Cría que chegaba tarde pero non. A estas cousas case sempre chego demasiado pronto, cando a porta todavía esta pechada. Así que fago tempo sentado nunha bancada mentras miro as reseñas dos filmes do programa que vou ver hoxe, que é o 1.

Onte houbo moita máis xente nova dentro do Auditorio. A maioría deles viñan en grupo ou en parella, soamente dez fomos sen compaña. A idade media destes dez era superior á do resto do público. Destes "solitarios" dúas eran mulleres e cinco abandoaron a proxección antes de que rematase a última curtametraxe.

Foi curioso escoitar francés, portugués, alemán e inglés. Ambiente plurilingüe pero non plurirracial, abrumadoramente branco. Só vin unha rapaza negra, unha con riscos asiáticos, ambas falaban en francés, e un señor mulato brasileiro. O que me produxo, ao ver Black Panthers de Agnès Varda, unha sensación semellante á que sentín cando visitei a mostra de Emory Douglas no New Museum de Nova York. Comentaba daquela con Museoes a abrumadora presenza de brancos. Igual outros días non era así e non pretendo sacar conclusións do que só é unha anécdota pero polo menos hai que pensar ¿A que comunidades van adicadas este tipo de mostras? Tamén teño gañas de saber ¿Que recepción tivo esta obra de Varda na época? ¿Que imaxe se daba dos Black Panthers nos medios de comunicación que lles eran contemporáneos? ¿Que pensaría eu deste movemento se vivise daquela nos Estados Unidos? ¿Como asimilaría o "estado de guerra" do que falan os Black Panthers? Obviamente, estas dúas últimas cuestións son de resposta imposible.

En total, asistiron ao pase 47 persoas. Algúns rostos xa comezan a ser habituais. Parece que este tipo de cinema fidelizou a un grupo mínimo pero moi fiel.

Os outros filmes que se pasaron foron Auditions for a revolution (Irina Botea, 2006) e Symbionese Liberation Army Screeds #16 (Sharon Hayes, 2003). No pase deste último, característico de certas filias do "audiovisual artístico", fóronse 17 persoas o que sumado ás que xa se marcharan deu lugar a que foran 12 persoas as que rematamos o audiovisionado do programa 1 enteiro.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License