<$BlogRSDURL$>

24.11.09

Da diversidade cultural (Mes L) 

"A Declaración Universal da UNESCO sobre a Diversidade Cultural aprobouse por unanimidade nun contexto moi singular: recén producidos os acontecementos do 11 de setembro do 2001 e a 31ª reunión da Conferencia Xeral da UNESCO constituía o primeiro gran encontro de nivel ministerial despois daquel día aciago. Isto brindou aos Estados a ocasión de reafirmar a súa convicción de que o diálogo intercultural é o mellor garante da paz, e de rexeitar categoricamente a tese que predicía un choque ineluctable entre as culturas e as civilizacións. Un instrumento desta envergadura é algo novidoso para a comunidade internacional. Nel elévase a diversidade cultural á categoría de "patrimonio común da humanidade", "tan necesaria para o xénero humano como a diversidade biolóxica para os organismos vivos", e a súa defensa se erixe en imperativo ético indisociable do respecto da dignidade da persoa.

(Tradución propia ao galego deste fragmento de "A riqueza cultural do mundo reside na súa diversidade dialogante" escrito por Koichiro Maatsuura, texto introdutorio desta versión da Declaración Universal da UNESCO sobre a diversidade cultural)

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License