<$BlogRSDURL$>

12.9.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

Clase de Montebello aos bolseiros da Cátedra do Prado (3 de V)

Despois disto abriuse a rolda de preguntas, case todas elas feitas cun ton de excesiva reverencia aurática. Sirva como exemplo parte do circunloquio co que un rapaz, que tería pouco máis de 25 anos, introduxo a súa cuestión: "su conferencia de ayer fue abrumadoramente sensata y por lo tanto difícilmente discutible, además usted la dictó en un maravilloso castellano que redundaba en la sensatez de su discurso" e iso foi tan só o que me deu tempo a anotar...

Montebello respostou ás cuestións en inglés (os asistentes á conferencia tiñamos unha tradución simultánea).

Tratou a influenza que podería ter o Metropolitan no resto dos museos. Da institución que dirixiu dixo que "es el único museo enciclopédico del mundo", neste espazo neoiorquino "está todo bajo el mismo techo, hay mucha presión". Aínda que Montebello dubidaba sobre a posible culpa que o Met tivera no boom das exposicións temporais das que falara o día anterior.

Montebello continuou o seu discurso defendendo a idea de que o museo estaba obrigado a amosar a maioría das obras que posúe: "No somos los carceleros de la obra sino sus custodios".

Tamén analizou as diferenzas entre o modelo europeo de xestión museística e o modelo estadounidense, ademáis do rol que xogan os patronatos na cúpula directiva dun museo: "en Estados Unidos los patronos no deciden (...) las líneas con los patronos está muy marcada. No se involucran en las actividades del museo." En concreto o patronato do Metropolitan de Nova York está formado por grandes empresarios que poden doar obras ou dar fondos, dado que, esta institución "no recibe dinero de Washington", como el mesmo dixo: "Hay muchos países y muchas personas que no entienden que el museo del Metropolitan es un museo privado. A veces piensan que es un Museo Nacional de América y no, no lo es."

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License