<$BlogRSDURL$>

17.9.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

Clase de Montebello aos bolseiros da Cátedra do Prado (5 de V)

Nas cuestións tamén saíu o tema de segregar as obras secundarias, algo que Montebello defendera na súa conferencia. Nesta ocasión, o xestor cultural non foi tan taxante: "No pienso que haya que relegarlas a salas secundarias pero siempre hay que mostrar las obras maestras que son las estrellas. Los gustos cambian y no pienso que haya que trazar una línea muy clara entre obras primarias y secundarias." Ao que engadiu que: "el que se saquen unas obras y se dejen sin exhibir otras nos da un mensaje de que esta obra es interesante y la otra no tanto."

Por último, Montebello contestou preguntas relacionadas coa pedagoxía da arte e as diferentes audiencias dun museo. O antiguo rexedor do Metropolitan puxo como malos exemplos aos centros artísticos de Cleveland, Detroit e Baltimore nos que as cartelas as redacta o departamento de educación e non os conservadores, algo que as fai infatís no seu afán por ser comprensibles. A nivel museolóxico, o exdirector do Met tamén defendeu aquelas salas que se tentan recrear a cultura da que proceden as obras.

Con respecto aos visitantes falou das diferentes necesidades que teñen os diversos tipos de espectadores. Por exemplo, a unha persoa que só ten unha hora para visitar o centro artístico Montebello sempre lle aconsellaba que fora a ver as obras que había retratadas nas postais.

Á marxe desta anécdota. Montebello propón obrigar no posible ao espectador que vai a ver as mostras temporais a que se pasee tamén pola colección permanente, aínda que recoñece que é complicado no caso do Prado porque a ampliación na que se ubican as exposicións temporais atópanse nun edificio aparte. No tocante ao Met o 60% dos visitantes realizan unha visita pola propia colección do museo.

Pero sobre todo, o máis importante para Philippe de Montebello é que o museo acade un equilibrio entre o número de visitantes e a percepción da peza como diálogo entre dous, o desexo de contemplar tranquilamente unha creación artística debe de estar xunto ao desexo de compartir a nosa experiencia de disfrutar da obra de arte.

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License