<$BlogRSDURL$>

14.9.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

Clase de Montebello aos bolseiros da Cátedra do Prado (4 de V)

A pregunta posterior profundizaba neste aspecto da financiación, tan diferente ao modelo de institución cultural española ou europea. Montebello voltou a lembrar que "no recibimos un cheque del gobierno, ni grande, ni pequeño" senón que o Metropolitan conta cunha gran asociación de doantes con 130.000 membros que posúen diferentes dereitos según a cantidade económica que aporten.

Aos que teñen dereito ao catálogo de balde envíanlles unha tarxeta a casa para ver si o desexan recibir, estes deben de contestar afirmativamente para que se lles mande. Antes non era así e enviábanllo a todos eles, pero, con este novo procedemento aforran os 2/3 de exemplares pois só o 33% o pide.

Montebello falou tamén dos medios que teñen para captar máis recursos. O Met ten, por exemplo, grandes inversións no mercado bursátil, polo que a crise financieira fixo que perderan moitos cartos.

As tendas do museo son tamén "muy útiles, pero en términos globales no son una gran fuente de ingresos." No tocante aos restaurantes, o exdirector de espazo artístico neiorquino afirmou que "nos conformamos con cubrir gastos. Creo que en el Met da algunos beneficios."

O modelo privado dos museos americanos permite unha maior independencia política. No encontro cos bolseiros, Montebello citou o caso do Museo D' Orsay no que Mitterrand insistiu que as obras académicas se amosasen ao carón das impresionistas, estes museos ordenáronse así según o "igualitarsimo impuesto" (Philippe dixit) polo político socialista.

Montebello exemplificou a independencia tamén intelectual e expositiva do Met coa mostra sobre Channel na que Karl Lagerfeld tentou impoñer as súas ideas en contra das que tiñas os conservadores e os curadores da exposición. Montebello queixouse destas inxerencias ao propietario de Channel que non lle fixo ningún caso e finalmente a exposición non se realizou. Según Montebello, con este tipo de actuacións, que reafirman a independencia de criterios, un museo gaña en integridade.

Outros dos aspectos fundamentais que constrúen un gran museo é que "sus conservadores tengan las retinas saturadas de arte", así que, a pesar de la crisis, un dos últimos aspectos nos que un centro de arte debe de aforrar é nas viaxes dos seus conservadores, unhas viaxes que soen darse máis dende Estados Unidos a Europa que viceversa. Para o exdirector do Metropolitan, o conservador é "la persona más importante en el mundo del arte" porque teñen o poder de transformar as creacións artísticas.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License