<$BlogRSDURL$>

3.9.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

Clase de Montebello aos bolseiros da Cátedra do Prado (1 de V)

O feito de ser seleccionado como bolseiro da Cátedra do Prado, ademáis dun desconto na matrícula do ciclo (que ben puidera ser máis grande), implica ter acceso ás clases que se celebran o día posterior á conferencia. A estas actividades só poden ir os 30 bolseiros e o persoal laboral do museo.

Estas clases se celebran no restaurado Casón del Buen Retiro, onde El Prado quere artellar un centro de investigación vinculado ao museo. Unha iniciativa moi prometedora que tan só está nos seus inicios.

A mañá do venres 6 de marzo, Montebello agardaba puntualmente nunha sala de dimensións non moi amplas na compaña de Finaldi. O encontro plantexábase como algo controladamente informal, así que Montebello xa non estaba "entraxetado" senón que vestía un xersei de colo de pico baixo o que levaba unha camisa branca.
Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License