<$BlogRSDURL$>

27.8.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

"El Museo: Hoy y mañana", a conferencia de Montebello no Prado (10 de X)

Montebello pechou a súa intervención debuxando tres conceptos sobre os que se debería asentar a xestión dun museo. O primeiro sería a integridade, o público deposita a súa confianza nos museos e estes deberían ter criterios independentes alleos ás modas.

O segundo concepto sería a autoridade. Os espazos museísticos deben de estar informados pola mellor erudición. A investigación debe de ser constante e sirve para reafirmar a súa credibilidade.

E, por último, a autencidade. O espectador sempre busca o orixinal e o auténtico, e hai que facer fincapé nelo.

Remataba así Montebello unha conferencia na que articulou unha nostálxica defensa do proxecto ilustrado do museo que parte dunha concepción moi tradicional da obra de arte que ten que manter "un coloquio inestable con el visitante", algo que para Montebello é "a principal preocupación da nosa existencia".

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License