<$BlogRSDURL$>

25.8.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

"El Museo: Hoy y mañana", a conferencia de Montebello no Prado (8 de X)

Sobre este xiro cara oriente, o exdirector do Met ironizou calificándoo como "un ejercicio de justicia histórica por el presunto saqueo". Espazos artísticos paradigmáticos do que estamos a falar serían as sedes do Guggenheim e o Louvre en Abu Dhabi, os acordos aos que chegaron os museos alemáns con países asiáticos, ou o museo que Pei proxectou en Qatar.

Esta nova significación disparou o tráfico intenso de obras de arte, ben a cambio de cartos ou a cambio doutro tipo de intereses xeopolíticos, algo que provocou que "el deterioro intenso de las obras de arte se seguirá aumentando, acortando su vida".

Montebello ve unha solución ao problema na creación de museos dixitais como o que está propiciando o Beijing World Art Museum. Unha práctica que pode ofrecer un novo panorama para o coñecemento de obras de arte, debido a que, o primeiro paso para a educación artística é "familiarizarse con las obras de otras naciones".

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License