<$BlogRSDURL$>

24.8.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

"El museo: Hoy y mañana", a conferencia de Montebello no Prado (7 de X)

Montebello insistiu que á hora de plantexarnos facer un préstamo debemos de tratar ás obras de arte "con dignidad", como el mesmo dixo humoristicamente "son objetos inanimados que no se pueden defender", por iso os directores de museo deben de "estar pendientes del contexto en que se muestra".

Por suposto, no contexto actual é invevitable falar dos países emerxentes que provocaron unha auténtico "seísmo mundial". Parece que tras a hexemonía de occidente no relato expositivo agora é o turno de oriente, dos países do Golfo e de China que amosan, sobre todo no caso dos países árabes, un "apetito voraz de exposiciones".

Unha política de "arte a cambio de petrodóllares" que si o prezo do petróleo continúa baixando pódese quedar "más en ambición que en realidad". Ademáis os espazos que xorden nestes países non contan cun persoal cualificado, así que contratan a occidentais aos que ofrecen uns sustanciais salarios.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License