<$BlogRSDURL$>

22.8.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

"El museo: Hoy y mañana", a conferencia de Montebello no Prado (5 de X)

Despois, o exdirector do Met voltou a tratar o tema da política de préstamos e de exposicións.

Durante os anos 60 o Met practicamente non organizaba exposicións temporais, tan só en verán e de pequenas dimensións. Quizáis a gran exposición que houbo neste museo durante a década foi "A gran época do Fresco", mostra celebrada como consecuencia das inundacións de Florencia.

Aínda que Montebello sempre tivo claro que habería que frear o número de exposicións temporais e centrar a atención do museo na colección permanente, durante o seu mandato as mostras externas á colección se multiplicaron no Met (hoxe son sobre 30 anualmente) e creceron en ambición (abarcando civilizacións enteiras e espazos cronolóxicos moi amplos, como a de "Esplendor de México. Trinta séculos"), algo do que é consciente e se lamenta ironicamente: "mis propias acciones desmentían sistemáticamente mis palabras (...) prefería decir que sí a decir que no".

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License