<$BlogRSDURL$>

20.8.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

"El museo: Hoy y mañana", a conferencia de Montebello no Prado (4 de X)

O primeiro que habería que ter en conta é como encaixaría a obra dentro do contexto do museo, como se instalaría a obra e cal sería o efecto que tería sobre o visitante.

Nesta política de adquisicións Montebello adopta unha postura aristocrática ao apostar de xeito decidido pola calidade tamén como criterio expositivo: "Los museos deben crear diferentes relatos e itinerarios no sólo por su género sino por su calidad. La segregación de obras por diferentes categorías se ha logrado en algunos museos (Louvre)."

No caso do museo que el dirixiu, creáronse salas principais e secundarias onde as coleccións eran moi ricas, segregando os obxectos "menores" que non deixan de estar expostos pero en espazos non principais, sen carteis pero cunhas pantallas de ordenador cercanas nas que os espectadores poden buscar información sobre eles, tentando que o visitante ordinario teña acceso ao maior número de obras posible.

No caso do investigador, Montebello defende que debe de "tener acceso directo a todas las obras del museo", o estudo das obras de arte non se debe interromper e sempre se descubren novos aspectos (cita o caso do Coloso).

E con respecto aos xestores das institucións museísticas non deben de esquecer que, no tocante ás obras de arte, "no somos más que sus guardianes, los que las custodian para el público. Para la generación y generaciones futuras".


Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License