<$BlogRSDURL$>

19.8.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

"El museo: Hoy y mañana", a conferencia de Montebello no Prado (3 de X)

A pesar do ton nostálxico, en defensa do museo tradicional e do espírito da ilustración, Montebello tamén falou das novas tendencias da museoloxía.


O primeiro que analizou criticamente foi o boom das mostras temporais nas que os museos centran os seus esforzos, o que, en certas ocasións, fai que descoiden a súa colección permanente. Un fenómeno que tería a súa orixe na posguerra da II Guerra Mundial e que explotou definitivamente na década dos setenta. Montebello retomará posteriormente esta idea para profundizar máis nela.

Algo ao que seguíu paralelamente esa febre de ampliacións das institucións museísticas. O exdirector do Met matizou o caso do Prado: "La reciente ampliación del Prado no sólo era necesaria sino que debía de haberse hecho mucho antes. Respondería a un imperativo legal y no ha sido un lujo ni un capricho".

Obviamente, ao analizar o contexto máis recente, Montebello enfatizou o importante rol que xoga o mercado na actualidade: "el mercado y sus imponderables dictan el ritmo de las adquisciones". Por iso, defendeu uns principios xerais para realizar estas adquisicións.


Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License