<$BlogRSDURL$>

18.8.09

Algunhas anotacións sobre a Cátedra do Prado 2009 (Mes G) 

"El museo: Hoy y mañana", a conferencia de Montebello no Prado (2 de X)

De pé, aínda que necesitou sentarse intermitentemente pola longa duración da súa conferencia, elegantemente vestido e cun excelente castelán que sorpredeu á maioría dos asistentes, Montebello comezou a súa charla loando a calidade das obras do Prado e lembrando que "los museos son instituciones que albergan obras que originalmente no se hicieron para ellos".

Para Montebello o museo "no es siempre el mejor lugar para contemplar la obra de arte", como el mesmo afirmou "yo también prefiero contemplar un retablo en una iglesia".

Pero o exdirector do Met defende estas institucións e as súas orixes ilustradas. E tamén se posiciona a favor daquelas campañas arqueolóxicas das que se nutriron os museos occidentais que hoxe non se ven como unha "búsqueda de conocimiento sino como la vergonzosa rapiña de las naciones débiles".

Nun contexto teórico fortemente marcado pola influenza das teorías poscoloniais, este tipo de afirmacións non deixan de ser moi polémicas. Con este discurso Montebello, unha persoa que estivo ao fronte dun museo enciclopédico como o Metropolitan que conta cunhas coleccións que se nutriron en gran parte dos restos destas expedicións, busca xustificar á institución que dirixiu durante máis de 30 anos.

Por si quedara algunha dúbida da súa postura, sinalou as bondades desta búsqueda de coñecemento científico dos occidentais e lembrounos que: "Lo que se olvida es que los países de origen eran indiferentes a las viejas piedras que tanto interesaban a los europeos o tan sólo interesaban a los canteros para nuevos materiales".

MaiLl

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License