<$BlogRSDURL$>

19.4.09

Arredor do Reina (Mes B) 

Madrugo de xeito inusual para ser un domingo e leo algúns artigos de Autobiografía en España: un balance (Visor, 2004) - libro no que  Joaquim Ventura fai un polémico retrato de Castelao a través do diario 1921- e tamén algo de Postverité (Centro Párraga, 2003).

Pola tarde vou aos Recontres que hoxe son no Auditorio 200. Entro no Reina por detrás (por onde entran os camións) porque os domingos pola tarde o museo está pechado. Hai bo ambiente entre o equipo do ciclo, algo que sempre se agradece. 

A primeira sesión (a das seis) está moi ben, sobre todo Hell Hotel (Tobias Yves Zintel, 2007) chea de rapazas e rapaces hieráticos (coa excepción dun desgarradoramente primitivo) que recitan con voz tratada por ordenador textos de autores como Loos ou Shakespeare e tamén do propio director. É curioso porque Hell Hotel nace primeiro como son. O son fíxose primeiro e posteriormente se sincronizaron as imaxes. A intervención dos rapaces fascinados vai interrompida por fragmentos de natureza e por actuacións musicais (esta é unha, impresiona máis en pantalla grande e co sonido alto). Todo moi "institucionalmente provocador", todo moi warholiano.

A primeira sesión remata coa curta de Izebene Oñederra, que xa estivera en ANIMADRID. A verdade é que todas estas propostas do tipo Rencontres, e, polo xeral, as do Reina, van por detrás dos festivais, que son os que verdadeiramente marcan a pauta das novas tendencias. 

Na seguinte serie de curtas (na das oito) vexo a Secret strike Radobank (Alicia Framis, 2004-2008), creación na que todos os traballadores aparecen como figuras paralizadas mentras realizaban o seu traballo, convértense así en estatuas que deixan de producir nun contexto no que todo o demáis segue funcionando. Penso que este tipo de propostas de Framis teñen máis sentido no "cubo branco", acompañadas doutras creacións como a que realizou en Inditex, que illadas no "cubo negro". 

O resto das películas xiran tamén arredor do mundo laboral, pero son moi aburridas ou panfletarias. A verdade é que remato algo saturado.  

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License