<$BlogRSDURL$>

15.4.09

Arredor do Reina (Mes B) 

Paso a mañá lendo. Remato o libro de Weinrichter e todos os artigos que fotocopei onte. Todavía non teño nada claro o traballo e sinto como o tempo se me bota enriba ¡Mecago no tempo! Creo que vou estruturar o miniensaio en dúas partes (unha introductoria e outra centrada exclusivamente no caso de estudo que é o filme Más allá del espejo de Joaquín Jordá). 

Pola tarde tiña que ir, en teoría, a unha reunión no museo na que me ían explicar en que vai consistir o meu rol nos "Rencontres Internationales", creo que vou facer de xarrón e non sei se estarei esteticamente preparado. 

Pero finalmente non podo ir porque o encontro coincide coa clase (de asistencia obrigatoria). Hoxe toca unha lección sobre Warburg ben interesante pero a ausencia de luz na sala invita á sesta. A sesión termina coa proxección da etnográfica Moana (R. J. Flaherty).

Ao recoller vexo dende a sala de patronato que o director está traballando no seu despacho (non é mala cousa).  Baixo e non me apunto ao cañeo prefiro irme só á libreria Central. Sei que non vou mercar nada pero gústame entrar nas librerias aínda que só sexa para ver os libros, as novas edicións que teñen, as novidades que saen...  Na Central non teñen case nada sobre tele (¡Faltaría máis!) e pouco sobre redes. Nas librerías o tempo pasa rapidamente e cando me dou conta xa son as nove ¡Maldito tempo! 

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License