<$BlogRSDURL$>

9.2.09

A influenza de ARCO 

Non sei ata que punto é positivo que a programación dunha feira como é ARCO determine, en gran medida, a programación doutros centros culturais e artísticos públicos.

Nesta edición o país invitado é outra potencia económica emerxente, outro gran mercado en expansión.

Se o ano pasado fora Brasil este ano será a India o país invitado. Sería inxusto dicir que o de menos é a arte que se fai nese país, pero si que é certo que esta decisión ven dada máis por unha cuestión de xeopolítica económica que de interese cultural. ARCO busca "interesarse por" e "interesar a" novos mercados despois do gol que lle marcou Art Basel ao montar a súa sucursal en Miami.

E tra-la decisión de ARCO veñen unha chea de exposicións como a de "La India Moderna" do IVAM (o catálogo pódese descargar gratuitamente na web deste museo) e outras actividades como o ciclo de de Off Bollywood do Reina Sofía que tanto serven para dar a coñecer a arte deste país como para que o potencial consumidor coñeza o produto que vai estar á venda.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License