23.12.08
Bloguería, bloguería
|22.12.08
Pepepaco ou un eremita en Madrid
Hoxe soñei que o "Gordo" remataba en 76. Cal foi a miña sorpresa que ao prende-la radio, xusto despois de erguerme, escoito "80.076", pero non era o primeiro senón o terceiro. Terei que afinar máis a punteria nos meus soños e a ser posible que estas premonicións me veñan cun mes de antelación e non a noite antes do sorteo.
Deixo colgado na parte inferior desta anotación un vídeo de Lionel Neykov autor de "Freeze My Senses", canción que "disque" foi descuberta polos publicitarios da Lotaría no Youtube. ¿Como pode saír dese "pinpín" esa preciosa voz negra tan de anos 50? Beautiful song!
Deixo colgado na parte inferior desta anotación un vídeo de Lionel Neykov autor de "Freeze My Senses", canción que "disque" foi descuberta polos publicitarios da Lotaría no Youtube. ¿Como pode saír dese "pinpín" esa preciosa voz negra tan de anos 50? Beautiful song!
Etiquetas: Eremita en Madrid
21.12.08
Un día de furia (ESTAFA DE TELE2)
Todo pintaba ben. Era un simple traslado de liña de Xetafe a Madrid. Pero a cousa comezouse a complicar: "Tele 2 no hace traslado pero le doy de alta una nueva línea dándole de baja la anterior, además así Don Pepepaco se puede beneficiar de la oferta de alta de este mes..." Fenomenal, a oferta facía que me aforrara uns cartiños. Pero diso nada, monada.
Tele 2 cobroume o mes normal en Madrid + o mes normal en Xetafe + o mes con desconto do traslado + a alta de cuota de traslado de liña (disto hai que descontar o 50%). Total con I.V.A.: 164.21 (ou sexa UNHA ESTAFA).
Non debían estar o bastante ledos con ese mes, que ao seguinte cobráronme a liña de Xetafe e a liña de Madrid (O PAGO DE DÚAS LIÑAS!!). Total: 92,57. Cando en realidade esta mensualidade me tiña que saír gratis (segundo a oferta que pactáramos).
Por suposto os (in)operdores non teñen nin idea do que sucede e fóron dándome largas ou pedíndome disculpas. Todos coincidían nunha cousa: é imposible que me devolvan os cartos. Unha incluso me dixo "Don Pepepaco aquí debió suceder un marrón muy gordo..."
A historia continúa porque todavía estou intentando darme de baixa e non sei moi ben como reamatara a cousa.
O carallo é que levo nunha espiral de chamadas e burocracia case un mes. Dan gañas de chantarse na se de Tele 2 e desexarlles un Nadal tan bo como o mes que me están facendo pasar. E o que queda...
Etiquetas: Eremita en Madrid
19.12.08
Crise hipotecaria
|18.12.08
Impresionismo ideolóxico
Non hai xente polos corredores. Todo o mundo está na súa clase ou tecleando o ordenador no seu despacho. Nalgún cartel, perfectamente colocado no taboleiro de anuncios, pódese ler "No a la venta de la Universidad", pero ninguén berra.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
17.12.08
Era Borja-Villel (I)
Como pintan as cousas parece que o Reina Sofía da era Borja-Villel estará cheo de reflexións identitarias (feminismo, teoría queer, post-colonialismo...). Neste contexto América Latina (moito máis permeable que España a estes discursos) probablemente xogue un papel fundamental. E, por suposto, non faltará a conxunción poética/política dos períodos dialécticos e de confrontación da historia contemporánea.
Etiquetas: Isaac Marcel
15.12.08
Museo Lázaro Galdiano
Cuns compañeiros de estudos fixen unha visita dominical (de balde) ao Museo Lázaro Galdiano. Ademáis dos seus greatest hits resulta museolóxicamente moi interesante a idea de dar acceso ao visitante a parte dos "restos de colección". Dando visibilidade a uns produtos culturais que doutro xeito serían inútiles tesouros acumulados.
Etiquetas: Eremita en Madrid, Isaac Marcel
11.12.08
Brut-impresionismo
Mentras me tomaba unha "pulga" de salchichón (a 85 céntimos a peza) podía escoitar a voz grave de Iñaki Gabilondo que estaba na cafetería tomándose un café e falando con dúas profesoras.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
10.12.08
Alejandro Rodríguez entrevista a Javier Panera
En Textos Críticos Alejandro Rodríguez faille unha entrevista moi interesante a Javier Panera, director de Domus Artium 2002 (DA2), tomando como punto de partida as propostas da exposición Rock My Religion
Etiquetas: Isaac Marcel
9.12.08
Itinerarios Periféricos
|6.12.08
Itinerarios Periféricos
|5.12.08
Textos Críticos
Os alumnos do Obradoiro de Crítica do Máster en Historia da Arte Contemporánea e Cultura Visual que se imparte no MNCARS están colgando os seus textos nunha nova bitácora que se chama Textos Críticos
Etiquetas: Isaac Marcel
3.12.08
Crise económica e institucións artísticas
Ao esoitar a Serge Guilbaut anunciar que, con esta crise, moitas institucións artísticas terían grandes problemas económicos e que moitos dos grandes espazos culturais en construcción non se rematarán (aquí o vídeo) pensei que estaba pecando de apocalíptico.
Pero xa están comenzado a lerse exemplos sobre museos consolidados (en teoría) que están a pasar grandes dificultades económicas (o caso estadounidense ten a peculiaridade da gran dependencia que teñen as institucións culturais das empresas privadas patrocinadoras).
Neste contexto económico no que todo o mundo brama contra a Cúpula de Baceló ¿Alguén se lembra de que hai unha Cidade da Cultura a medio facer?
Pero xa están comenzado a lerse exemplos sobre museos consolidados (en teoría) que están a pasar grandes dificultades económicas (o caso estadounidense ten a peculiaridade da gran dependencia que teñen as institucións culturais das empresas privadas patrocinadoras).
Neste contexto económico no que todo o mundo brama contra a Cúpula de Baceló ¿Alguén se lembra de que hai unha Cidade da Cultura a medio facer?
Etiquetas: Cidade da Cultura, Isaac Marcel
