25.9.08

O efecto Steiner. Artigo conxunto de Isaac Marcel e Uxío Marsuco. 

As declaracións de Steiner fixeron reflexionar á comunidade cultural galega sobre a súa invisibilidade en certos círculos intelectuais.

Para mellorar esta situación compre logo por un lado saír desa continua reflexión interior aorredor dos temas identitarios e diferenciais e xerar un diálogo de ideas co exterior mirando máis alá do triángulo Barcelona-Madrid-Lisboa que tradicionalmente marcou o horizonte da práctica cultural galega (coas "terras celtas" e a América Latina como convidados excepcionais).

Este tráfico de ideas entre a cultura galega e o resto de culturas tense que dar dende unha doble óptica: a primeira exterior-interior é dicir fomentar que os estudiosos foráneos de primeiro nivel dean a coñecer as súas teorías en Galicia (as recentes presenzas de Guilbaut no Consello da Cultura Galega e a de Stephen Hawking na USC son un boísimo exemplo) e dende Galicia (a través de publicacións científicas pensadas para ter presenza máis alá do estado español ou articulando un proceso seleccionado de estancias).

A segunda sería nun sentido interior-exterior asumindo o reto da mundialización, fomentando deicididamente a mobilidade dos investigadores e organizando unha serie de eventos (culturais pero non panfletarios) adicados a dar a coñecer a cultura galega (de dentro e de fóra) e o que se fai en Galicia.

Dito isto compre engadir que:

-Galicia non chega aos tres millóns de habitantes. Os dircursos maximalistas non teñen ningún sentido.

-O contexto de recesión económica recomenda actuar coa premisa de facer pouco pero facelo ben.

Mail

Etiquetas: ,


|

24.9.08

Dos blooks 

No 2005 (creo) preparei unha versión do primeiro PERIFÉRICOS pensada para ser libro titualda "PERIFÉRICOS: A FARSA". Creo que finalmente foron nada máis que catro persoas as que tiveron acceso a este borrador. O Certo é que tiña pensado mover este blook nos concursos literarios buscando máis os cartos para camiñar cara o sustento autodependente que a gloria literaria pero nas bases da maioría deles poñen que o manuscrito ten que ser inédito. Dende o meu punto de vista a versión literaria que parte deste bitácora era inédita porque aínda que a maioía das anotacións coincidían coas do blog, había algunha que estaba modificada, outras eran novas e outras estaban cambiadas de sitio. O conxunto era entón diferente ao do PERIFÉRICOS orixinal. A pesar disto finalmente decidín non envíalo.

Aínda que non é mesmo caso hai pouco que se deu nun premio literario esta polémica sobre as fronteiras do que é inédito ou non.

Mail

Etiquetas:


|

13.9.08

Exquisita diplomacia 




Mail

Etiquetas:


|

12.9.08

Posibilidades 

Un equipo de investigación da Universidade de Galicia/Galiza desenvolve un sistema de realidade virtual para que a visita dos pisos de aluguer se poida facer mediante inmersión utilizando unhas lentes que permiten moverse con total liberade pola reconstrucción electrónica do piso.

Mail

Etiquetas:


|

11.9.08

A polémica Steiner 

Sobre a "polémica Steiner" que ten a súa orixe nesta entrevista destacar a contrarréplica sentimental que fai Antón Patiño en "El políglota lingüicida".

Mail

Etiquetas:


|

10.9.08

Pepepaco ou un eremita en Madrid 

Non sei o porqué pero as treboadas paralízanme. Non é que me dean medo, non. O que pasa é que, polo xeral, con lóstregos ou sen eles, os días de treboada son días tristes nos que a miña tendencia natural á depresión increméntase exponencialmente.

Non me poido nin concentrar nin moito menos estudar. A verdade é que estas semanas isto último importame bastante pouco. Creo que este ano aprendín unha cousa bastante importante, non sen tempo, que os estudos, ou o traballo no seu defecto, non é o primeiro. Antes "hai que atender á vida", que diría a miña avoa.

Mail

Etiquetas:


|

9.9.08

Guilbaut en Compostela 

Todos aqueles que andedes por Compostela tedes a oportunidade de asistir a unha conferencia de Sergue Guilbaut sobre "Musealización, industria cultural e espectáculo" o día 18 de setembro ás 10:00 dentro do foro de debate "Creación artística e identidades culturais" que se celebrará no Consello da Cultura Galega. Máis información aquí.

Para os que non poidades tedes un pequeno fragmento dun dos seus interesantes artigos aquí.

Mail

Etiquetas:


|

8.9.08

Proxecto Documental 

De once anos fun eu a sega. De once aniños. Fun tres ou catro anos, non me acordo ben.

Pregunta: ¿Que tal vos trataban?

Resposta: Regular. Era esclavo, tiñamos que traballar moito e durmiamos mal.

Mail

Etiquetas:


|

6.9.08

Dos novos imperios 




A imaxe non é propia e pódese atopar en moitos foros de Internet


Mail

Etiquetas:


|

5.9.08

Punto inicial 

Parece que en verán o mundo para e en setembro volta a xirar. Setembro é o mes de iniciar unha colección por fascículos, dos novos propósitos no traballo, de reencontros (desexados ou non ) e de divorcios postvacacionais desas parellas que a ruptura na rutina e no traballo fanlles darse conta da súa penosa situación sentimental.

Tamén PERIFÉRICOS volta neste setembro con maior intensidade e continuidade. Perdidos incomprensiblemente os datos históricos do Google Analytics no que as visitas ían en picado e desplazado da primeira páxina de Google ao averno das centenas, a bitácora volta a ser case invisible. De novo íntima.

Mail

Etiquetas:


|

4.9.08

Variacións 

Aquí se queda la clara, la entrañable transparencia, de tu querida presencia, Comandante Dol "Che" Gabanna (Carlos Puebla)

Mail

Etiquetas:


|

3.9.08

Itinerarios Periféricos... 

...Vilalba, Lugo, Ponferrada, Madrid...

Mail

Etiquetas:


|

2.9.08

Supra 

Acostumado ás viaxes baratas en bus e en toda clase de aparellos móbiles hoxe dinme unha homenaxe (é o bo de estar a comezos de mes) e fun na clase SUPRA. Tres filas de asentos de coiro bastante amplos, un sandwich de queixo e xamón, dúas latas de refrescros, un sobao, tres caramelos, auriculares e o xornal de balde. Dobre sesión de películas de Disney (irregulares), emisoras musicais, wi-fi e un monedeiro de agasallo na fin da viaxe. Ata hai unha azafata que se diferencia da dos avións porque non sinala as saídas de emerxencia nin se pon de mostra o salvavidas. En canto ao tempo, aforra unha hora e cuarto nun traxecto que na "clase turista" sería de sete e non fai máis que unha parada nunha cidade (vella aspiración colonial de Galicia). A diferenza de prezo é de 16 euros, así que a próxima vez seguro que...


Mail

Etiquetas:


|

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License