29.8.08
Itinerarios Periféricos...
|25.8.08
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Cando un espazo artístico nace sen un proxecto claro e vai dando tombos a cada cambio de director non é de estrañar que a cousa non remate funcionando ben. Iso mesmo pasa co Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC ) ao que La Voz de Galicia venlle dando ultimamente unha caña considerable. Aquí e tamén aquí, dous artigos que dan boa mostra delo. O primeiro céntrase nunha obra mercada para a colección e o segundo no aumento do orzamento para a adquisición de pezas a pesar do gran descenso de público.
O gran problema que ten o CGAC é un problema de identidade e iso vese reflexado na súa heteroxénea colección construída máis a base de talón que de reflexión. En vez de montar unha minifesta, un bo xeito de celebrar o seu quince aniversario sería botar o freno e pararse a repensar o centro ¿Que museo quero facer? A partir da colección que teño ¿Que tipo de obras quero mostrar e adquirir? ¿Que relato(s) quero construír, revisar ou destruír? ¿Como podo implicar á comunidade no espazo artístico? Analizando tamén o novo contexto de espazos artísticos que se xerou no noroeste peninsular.
A ver si así se cimenta dunha vez un proxecto a longo prazo que se afaste da especulación mercantil e que tente recuperar a idea de servizo público que para iso están os museos que pagamos todos.
O gran problema que ten o CGAC é un problema de identidade e iso vese reflexado na súa heteroxénea colección construída máis a base de talón que de reflexión. En vez de montar unha minifesta, un bo xeito de celebrar o seu quince aniversario sería botar o freno e pararse a repensar o centro ¿Que museo quero facer? A partir da colección que teño ¿Que tipo de obras quero mostrar e adquirir? ¿Que relato(s) quero construír, revisar ou destruír? ¿Como podo implicar á comunidade no espazo artístico? Analizando tamén o novo contexto de espazos artísticos que se xerou no noroeste peninsular.
A ver si así se cimenta dunha vez un proxecto a longo prazo que se afaste da especulación mercantil e que tente recuperar a idea de servizo público que para iso están os museos que pagamos todos.
Etiquetas: Isaac Marcel
24.8.08
Posibilidades
Segundo acaba de informar a Xunta Transestelar o transporte intergaláctico chegará a Galicia con varios anos luz de retraso.
|
Etiquetas: Posibilidades
22.8.08
Pepepaco ou un eremita que pseodotraballa veraniegamente en Madrid
Agora que estou rematando o meu pseudotraballo de verán versión 2.0 estiven calculando o meu rendimento. Tirando polo baixo a empresa gañou cun día de traballo todo o que me pagou nestes dous meses. ¡Iso si que é plusvalía! Contra estas inxustizas Grouchomarxistas do mundo ¡Unídevos!
Etiquetas: Eremita en Madrid
21.8.08
Pepeco ou un Eremita de viaxe
Toda a chaira cheiraba a podre. Só os voitres máis fortes podían comer do boi. O resto agardaba nun segundo plano esperando o seu turno ou voaban en círculos moi por riba do animal morto. As cámaras dun par de turistas italianos non perdían detalle deste espectáculo biolóxico no que a morte servía para alimentar vida. Sempre hai a quen lle aproveita a prea.
Etiquetas: Eremita de viaxe
20.8.08
Pepaco ou un eremita en Madrid
Tirso de Molina é unha das fronteiras onde o "Lavapiés way of life" se dilúe na "upper middle class" progre e ben acomodada. O nexo de unión entre ambos mundos é o Lidl que está xusto debaixo de onde agora mesmo ocupo legalmente e con consetimento da titular do aluguer. A este supermercado asisten case todas as clases de case todas as razas. Dende chineses maioristas ata senegales de top-manta pasando por algún bolseiro da plurinazón e algún turista pseudo-hippy. Todos eles unidos no ritual de consumir produtos.
Etiquetas: Eremita en Madrid
18.8.08
Itinerarios Periféricos
...Praia de Bolonia, Vejer, Praia de La Hierbabuena, Barbate, Vejer, Xerez, Madrid...
|
Etiquetas: Itinerarios Periféricos
14.8.08
Itinerarios Periféricos...
|12.8.08
Nesto andarei mañán...
|10.8.08
Comunicando... (por Marga Román)
Chama a atención a pouca vontade pedagóxica que teñen os medios televisivos en España. Para min foi absolutamente imposible saber que pasaba entre Xeorxia e Rusia a través dos telexornais. Só titulares e imaxes de xente chorando ou ferida que, en vez de informar, desinformaban levando ao desconcerto e a confusión. Nin unha palabra sobre cal é a orixe do problema, sobre que motivaba que Rusia tomara a decisión que tomou, sobre que pasa coa traxicamente famosa Osetia de Sur. E iso que en agosto non hai novas (salvo os Xogos Olímpicos claro).
Etiquetas: Marga Román
9.8.08
Pepaco ou un eremita en Madrid
Nestas datas ando á procura en Madrid dunha vivenda digna de trinta metros cadrados. Onte tiven á oportunidade de "non ver" un piso que por Internet pintaba moi ben pero que na visita real estaba no que era probablemente o peor edificio da Calle Amparo, un dos corazóns de Lavapiés. Sentín que os setecentos euros que pedían eran unha tomadura de pelo e decidín xa nin entrar a velo.
Precisamente en Lavapiés o barrio multicultar e bohemio (sen adxectivos e coas contradiccións de ambos sustantivos) están de festas. Así un pode atopar nunha praza a senegaleses tocando a percusión, bailando e bricando, e paralelamente na Calle del Oso a enmajetadas vendendo sangría á vontade cun mini San Caetano exposto e con Isabel Pantoja a toda pastilla.
En Lavapiés pasamos unha tarde agradable terraceando con "cachorro" quente incluído e tómbola picarescamente trucada. De non ser pola calor africana e pola ausencia de praia (¡Vaia Vaia!) Madrid sería un gran sitio para ir de veraneo.
Etiquetas: Eremita en Madrid
3.8.08
¿O final da utopia?
"Han sido los cien días de la pérdida del encanto. El leve aroma revolucionario de los primeros cuatro años se ha transformado en un «ir tirando». Ya no se trata de refundar el Estado. No se puede soñar con el Nobel de la Paz por haber atraído a ETA a la senda de la razón. No quedan matrimonios homosexuales que casar. La ubre de la igualdad está agotada. Y así, la política del ensueño que se hacía siempre al borde del precipicio se ha vuelto plana, prosaica y vulgar. ¿Más conservadora? Déjenla ustedes en más administrativa. La segunda legislatura es el final de la utopía del presidente Rodríguez Zapatero".
Tedes esta columna de opinión completa de Fernando Ónega nesta ligazón
Etiquetas: Uxío Marsuco
2.8.08
Posibilidades
Cabreiroá abre en Marte a primeira planta embotelladora de auga mineral dese planeta.
|
Etiquetas: Posibilidades