30.4.08
Slogan
|28.4.08
Itinerarios Periféricos...
Etiquetas: Itinerarios Periféricos
23.4.08
Pepepaco ou un eremita en Xetafe (conto amoral polo 4º Aniversario de Periféricos)
Ser eran tremendos. Un pequecho escapouse da súa nai e entrou en plan bolxevique nas consultas, a outro deulle tempo a recorrer todo o ambulatorio sen que a súa nai se dera nin conta e unha meniña loira con cara de anxo andaba cruelmente a facerlle trasnadas ao seu avó que ía trotando detrás dela arrastando con fatiga o seu barrigón.
Antes de chamarme, o médico achegouse á neniña e preguntoulle que cantos anos tiña. Ela con cara de pícara contestou que catro, os mesmos que hoxe cumpre PERIFÉRICOS, outro neno traveso con cara de bo :)
Etiquetas: Bloguería, Eremita en Xetafe
21.4.08
Vertical Features Remake (Greenaway, 1978): Un exercicio paródico (2/2)
C- Como práctica artística do noso tempo o cinema ten morto mil veces e mil veces ten resucitado.
D.- A posmodernidade cuestionou todo tipo de relatos, desconfiando do autor (¿Quen é? ¿Dende que perspectiva xenérica/moral/xeográfica cóntanos a historia?) e dos relatos que concibimos como "verdades" (os documentais, por exemplo).
D1.- A voz del locutor, a utilización de todo tipo de imaxes e a mención dunha gran cantidade de datos reforzan a idea de verosimilitude.
D2.- Para evidenciar o inestable que pode ser o concepto de veracidade aplicado ao xénero documental Vertical Features Remake artéllase ao redor dunha biografía dun personaxe inventado (Tulse Luper) que sería obxecto de estudo de inexistentes institucións como o Institute of Reclamation and Restoration (IRR).
D2a.- Partindo disto Greenaway crea unha enmarañada estrutura. Un enrellado cheo de subniveis no que se chega a cuestionar a posible falsedade dun protagonista que nunca existiu.
D2b.- Partindo disto Greenaway crea unha enmarañada estrutura. Un enrellado cheo de subniveis no que se chega a cuestionar en repetidas ocasións a inexactitude dunha obra fílmica que nunca existiu.
E1- O resultado é polo tanto unha parodia dos structural films.
E2.- O resultado é polo tanto unha parodia dos documentais.
E4.- O resultado é polo tanto unha parodia das baleiras disputas academicistas.
E3.- O resultado é polo tanto unha autoparodia: A vinganza do montador de documentais e a sátira dun excineasta estructural que se autocita en obras que supuostamente tería realizado Tulse Luper.
F.- parodia s.f. Imitación feita con ánimo de ridiculizar unha obra, un xénero literario serio, o estilo dun escritor ou a calquera persoa ou cousa. Aquilo, máis que eleccións, foi unha parodia. CF. caricatura, simulacro.O “Quixote” é unha parodia dos libros de cabaleiros heroicos.
Etiquetas: Isaac Marcel, Posmodernidade e cinema
20.4.08
Vertical Features Remake (Greenaway, 1978): Un exercicio paródico (1/2)
B.- A parodia inclúe un compoñente de sátira ou burla sobre o orixinal que o pastiche non ten por que ter. Neste sentido podemos considerar Vertical Features Remake como unha parodia dun structural film. Nembargantes, a exactitude e insistencia coa que Greenaway repite as características da estética da que se burla fai que o seu Vertical Features Remake se convirta en certo modo, aínda que en principio poida resultar parodóxico, nun structural film que protesta contra si mesmo, contra a condición dominante que durante unha época tivo este “método” nos círculos cinéfilos.
“Vertical Features Remake is a love-hate, or more appropriately, celebration-criticism, of structural method, unthinkingly and stupidly dominant in film circles at that time. If you claimed to be a structuralist your credentials were good enough to receive film-financing. Five years before you had to be a good Marxist-Socialist Feminist and then the coffers would be open, five years later, you could get financed if you demonstrated Political Correctness and a love of California” (http://petergreenaway.org.uk/vfr.htm).
B2.-Nigel Andrews explícao do seguinte xeito:
"The fascination with academic methodicality which pervades Greenaway's work, sometimes in comic battle with its opposite - nature, spontaneity, instinct - sometimes standing alone, reaches fetishistic dimensions in Vertical Features Remake." (http://petergreenaway.org.uk/vfr.htm)
Etiquetas: Isaac Marcel, Posmodernidade e cinema
19.4.08
Posibilidades
Etiquetas: Bloguería, Posibilidades
18.4.08
A segunda orla (Reflexión da xeración bolseira)
Hoxe comentábao o propietario dunha empresa de postproducción dixital sonora. Cada vez os curriculums dos aspirantes a traballar veñen máis cargados de títulos pero con menos experiencia laboral e a el non lle intersaban os títulos senón a experiencia.
Xunto con isto (que pode ser verdade) está o fenómeno das prácticas, os famosos "bolseiros" que traballan a un prezo menor cun inmigrante ilegal. Para moitos recén licenciados ir acumulando estes pseudotraballos é a única forma de conseguir incorporarse no mercado laboral. Disto deriva unha lóxica perversa: as empresas "contratan" bolseiros porque traballan case de balde, moitos bolseiros son substituídos por outros bolseiros, con esta man de obra barata os salarios baixan e conseguir ser un profesional (soldo máis ou menos digno) é cada vez máis difícil.
Acumular títulos, acumular bolsas. Fálase moito dos mileuristas pero o certo é que moitos xoves pensan ¡Carallo, mil euros! ¡Quen os gañara!
Etiquetas: Eremita en Xetafe
17.4.08
E outra derrota para festexar
A "marea azul" todavía mantén a ilusión do modesto que fai que os seus siareiros festexen as derrotas.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
14.4.08
Apply for a job
Etiquetas: Eremita en Xetafe
13.4.08
Posibilidades
Etiquetas: Posibilidades
12.4.08
Da importancia de saír na tele
Versión Española (non poño a ligazón á paxina web porque é penosa e ademáis contén datos erróneos) dá saída televisiva aos últimos produtos cinematográficos Made in Spain. Unha auténtica labor de servizo público (para iso está pensada por lei a televisión en España) que consegue que unha película como Oculto (non entro a xulgar a súa calidade artística) da que case ninguén coñece a súa existencia sexa vista por cerca dun millón de persoas.Só 88.495 espectadores en España, datos do Ministerio de Cultura, optaron por vela nos cinemas e no prime time de La 2 de onte logra ser vista polo 5,3% da audiencia. Uns hipotéticos 920.000 televidentes seguiron esta longametraxe, é dicir, dez veces máis que as persoas que asistiron ao seu pase por salas cinematográficas. Dá que pensar ¿Non?
Etiquetas: Cine en TV, Marga Román
11.4.08
Pepepaco ou un eremita nun sitio normal
A cousa comezou mal, un expulsado no principio do partido, demasiado para un Bayern que é moito Bayern. Sen embargo... ¡Goooooooooooolllllll! Sorpréndome a min mesmo enriba do sofá berrando por un partido de fútbol como había anos que non berraba. Eu tan intelectual e analítico (calificacións autoparódicas) ¡Menos mal que estaba so na casa!
"¡Que pase o tempo! ¡Que pase o tempo e que chegue o minuto noventa! ¡Xa está feito! ¡Xa está feito!" Non foi así, o equipo alemán marcou xusto antes de que rematase o partido. Non había nada que facer. O Geta con dez, fundido fisicamente tras un incrible partido e toda unha prórroga por diante. E cando ninguén daba un euro por eles marcan un segundo gol e logo un terceiro. 3-1. ¡Menudo espectáculo! Aínda que había algo que cheiraba a derrota épica 3-1 era un colchón suficiente para estar tranquilo.
Pero como dixo Arsenio cando perdeu a liga co Depor: "La liga derrepente te la quitan de los fuciños". Nos dous minutos finais chegaron os goles alemáns que sentenciaron o partido. Outra vez, non podía ser. Eche a sorte do pobre.
Camacho, mentras comentaba o encontro, dixo de Xetafe que era un barrio madrileño. Non é así, Xetafe é unha cidade industrial, outra cousa é que un se sinta nela coma nun barrio. Un dos epicentros dese Madrid Sur ao que tan pouco mira Esperanza Aguirre dende o seu marquesado da Comunidade. Un sitio normal.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
10.4.08
Pretty Woman

¡Non falla! No seu duodécimo pase televisivo (dato aportado por Fórmula TV) Pretty Woman volve a funcionar no prime time español. 18 anos despois da súa producción esta coñecida historia protagonizada por unha cincenta contemporánea (Julia Roberts) e un galán máis galán que os das pelis clásicas (Richard Gere) logrou a atención do 26,1% da audiencia (uns teóricos 4.267.000 espectadores). Un dato excepcional que favoreceu que La 1 fora a canle máis vista do día de onte.
Etiquetas: Cine en TV, Marga Román
9.4.08
Posibilidades
Etiquetas: Posibilidades
5.4.08
Pepepaco ou un eremita na Chaira
Paseo con el por cabo do río. Como me educaron na escola de costas á natureza teño dificultade para identificar a maioría das árbores pero non hai problema, el que foi pouco a escola indícame e ensíname (iso que son bastante torpe nesta aprendizaxe biolóxico). O paseo é tranquilo e longo, relaxa, por algunhas partes non cheira ben por culpa dalgún residuo furtivo.Paseo con el por cabo do río e vouno coñecendo mellor e el a min. Cruzámonos con mulleres con chandal en plena "operación bikini", con homes aos que o cardiólogo recomendou pasear e con rapaces que corren escoitando música pensando neles sen disfrutrar do que os rodea.
Etiquetas: Eremita na Chaira
4.4.08
Proxectos baleiros que hai que encher
Os nen@s e a rapazada segue a ler, len moito, máis do que pensamos, pero a través de internet. Agora mesmo estou nunha biblioteca pública escribindo isto, a sá de lectura está baleira e a de computadores está chea (máis que houbera). A Xunta xa pensou nisto é para fomentar a lectura entre os pequechos e a "muchachada" creará unha potente ferramenta virtual "que permita o acceso aos seus fondos desde calquera lugar do mundo. Investigadores e especialistas na materia non terán necesidade de desprazarse a Santiago de Compostela para dispor da información xerada neste Centro." Curiosa forma de fomento da lectura xuvenil, máis dirixida a investigadores que aos propios rapaces, por certo, vemos que ao turismo tampouco o vai favorecer porque a estes especialistas non lles fará falla nin visitar Santiago.
Podémoslle botar a maquillaxe que queiramos ("terá como principal obxectivo o estudo, a difusión e a promoción de libros para nenas e nenos e xoves procedentes das linguas e culturas minoritarias do mundo". "Será o segundo centro internacional que o IBBY pon en funcionamento no mundo, despois do fundado en 1985 en Oslo, dedicado a libros para nenas e nenos e xoves con discapacidades" ) pero Compostela non parece ser o lugar ideal para levar a cabo esta idea: Unha cidade cunha dimensión media (tirando a pequena) que anda polos 100.000 habitantes, que conta xa cunha completa rede de bibliotecas (como a "recén inaugurada" biblioteca pública de Xoán XXIII proxectada para conter 60000 volumes) e que é a capital dun país envellecido cunha taxa de natalidade que chegou a estar entre as máis baixas do mundo.
Como sucede en moitos dos proxectos culturais feitos en España o contexto pouco importa. A prioridade e encher as moles baleiras, case feitas antes de ser pensadas (o mesmo pasou cos incios do Centro Galego de Arte Contemporánea) que se custou moito facelas máis vai a custar mantelas.
Etiquetas: Cidade da Cultura, Isaac Marcel
3.4.08
A memoria persiste
Etiquetas: Eremita na Chaira
2.4.08
Pensar de cine a través doutros (Extractos das lecturas de Pedro A. Rodríguez)

Etiquetas: Pensar de cine
1.4.08
PERIFÉRICOS infiltrado
Tras onte cagarme matizadamente neles, hoxe PERIFÉRICOS volta a estar "infiltrado"
Etiquetas: Bloguería, Marga Román
