31.3.08
PERIFÉRICOS filtrado
Entendo o dos filtros para protexer a infancia de contidos que lle son impropios pero os que xa somos algo maiores (¿maduros?) temos o dereito de librarnos del polo ben dos nosos traballos académicos.
Así que para que siga "censurado" PERIFÉRICOS (e con perdón do resto de escribintes e ciberlectores deste blogue) MECAGO MATIZADAMENTE EN OPTENET polos tres euros que me acaba de facer gastar nun ciber.
Etiquetas: Bloguería, Marga Román
30.3.08
Un bus entre Azcona e Buñuel (2)
O novo bus tardou media hora e a butaca que me tocou en sorte (por mala sorte) estaba vomitada. Pedín permiso para que me deixaran cambiar e non houbo ningún problema (so fodería).
O novo responsable da empresa intentou darnos unha explicación utilizando o micro do vehículo pero non puido facelo porque o obsoleto instrumento se acoplaba facendo un pitido agudamente infernal, así que que optou por facelo a capella.
O ALSA procedencia Madrid destino Lugo seguíu o seu camiño sin sobresaltos e chegou á cidade das murallas cunha hora de retraso.
Etiquetas: Eremita no bus
29.3.08
Un bus entre Azcona e Buñuel
Etiquetas: Eremita no bus
27.3.08
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Etiquetas: Buñuel(os), Isaac Marcel
26.3.08
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
En contraposición co ton das reportaxes que cubrían as viaxes oficiais de Alfonso XIII (como a filmada por Armand Pou en 1922 a propósito da súa visita a esta rexión extremeña) e case como resposta directa a unha reportaxe fotográfica que aparecera na revista Estampa no ano 1929 (que o propio Buñuel coñecia de primeira man) nace este documental “antiturístico” de Las Hurdes no que o director aragonés nos amosa o envés da propaganda oficial. Para iso nos ensina de xeito descarnado a “outra realidade” (este mesmo espírito xerara anos atrás o movemento surrealista).
Etiquetas: Buñuel(os), Isaac Marcel
25.3.08
Itinerarios Periféricos...
Hai anotacións que nacen da necesidade de ser escritas máis que da necesidade de ser lidas. Así que, agardo que se me permitan istos solipsismos ocasionais nunha bitácora xa de por si bastante solipsista.
Etiquetas: Bloguería, Eremita en Compostela, Itinerarios Periféricos
24.3.08
Itinerarios Periféricos...
(...)
...Vilalba, Lugo, Vilalba...
(...)
...Vilalba, Lugo, Vilalba...
(...)
Etiquetas: Itinerarios Periféricos
14.3.08
Pensar de cine a través doutros (Extractos das lecturas de Pedro A. Rodríguez).
“La primera obra maestra del cine documental español fue Las Hurdes-Tierra sin pan (1932), un “ensayo de geografía humana” de Luis Buñuel que constituye un original cruce entre cine etnográfico, de denuncia social y provocación surrealista. Prohibido por el gobierno Lerroux, fue sonorizado por Buñuel en París en 1937 con los mismos texto y música utilizados al presentarse el Cine-Studio Imagen de Madrid”.Etiquetas: Buñuel(os), Pensar de cine
13.3.08
Lugar de paso...
Etiquetas: Lugar de paso
11.3.08
Comunicando... (Marga Román)
Etiquetas: Marga Román
10.3.08
Pepepaco ou un eremita no bus
Como pasou nas últimas eleccións autónomicas estas xerais tamén me pillaron nun bus. No 2005 fora nun Arriva rumbo Santiago e desta vez ía nun Alsa rumbo Madrid no que o conductor levaba a radio tan baixiña que apenas se escoitaba e iso que eu ía detrás del, en primeira liña por imposición numérica, nun lugar un pouco incómodo polo contacto visual directo que se ten das imprudencias do "buseiro" e xa se sabe que na ignorancia está a felicidade (por iso prefiro sentarme sempre nas filas do medio).
Na pantalla tiña posto un postpeplum de serie B, así que os móbiles eran o principal medio de información. Non sei ao que se dedicaba a compañeira da "butaca" do carón que recibía constantes chamadas que a informaban do resultado. Dela soamente sei que votara a Zapatero, que era menor de trinta anos e que andaba buscando un piso pola zoa de León para mercalo co mozo ("Tenemos que mirar en los embargos de los bancos porque ahora me han dicho que hay muchos y están muy baratos").
Eu tamén recibín algunha chamada ao móbil dende á miña casa onde as eleccións sempre se viviron con especial intensidade. Agora non ten tanto chiste pola rapidez do escrutinio pero antes quedabámonos ata moi tarde pendentes da tele. As previsións eran moi xenerosas co PSOE, escasas co PP (comparándoas co resultado final) e falaban de que o BNG bailaba entre un e dous escanos (finalmente acadou dous escanos e subíu en porcentaxe de voto en todas as provincias galegas).
Etiquetas: Eremita no bus
6.3.08
Reversificados
Etiquetas: Reversificados
4.3.08
Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco
Así editorializaba o Financial Times o 2 de marzo
Está é a famosa primeira pregunta de Rajoy.
Etiquetas: Uxío Marsuco
3.3.08
Itinerarios Periféricos...
|2.3.08
Posibilidades
Etiquetas: Posibilidades
1.3.08
Boletín-tin
Pepepaco prepara unha viaxe a Ávila e outra a Cuenca.
Isaac Marcel está recolectando información sobre o audiovisual nos museos.
Etiquetas: Boletín-tin