29.5.08
Punto e aparte
Agardaba atoparme a sala de cine chea. A exhibición cinematográfica está en crise pero non ía ver un dos meus solipsismos audiovisuais senón que era a infaliblemente comercial Indiana Jones.
Nada máis lonxe da realidade. O horario (mércores ás 20:00) tampouco era propicio para as grandes masas pero o número dos que iamos a asistir á proxección da última peli de Spielberg (producida por G. Lucas) non chegaba á treintena (sendo xeneroso).
O cine era un multisalas amplo e desanxelado no que a mesma persoa facía de acomodadora, vendía as entradas e cobraba as lambetadas. Calculo que o aforo da sala onde se proxectaba a película apenas superaraba en pouco o 5% da súa capacidade total.
¡E iso que era Indiana Jones! Cine espectáculo no que un heroe de dobre vida (un cotiá profesor respetable e un superarqueólogo ligón e molón) é capaz de sobrevivir a unha explosión nuclear metido nunha neveira. Pero o celuloide vai vello, as salas de cine van vellas e Indi tamén vai vello. Non remata o cinema senón que nos temos que dar conta que disminúe progresivamente unha forma de ver cine. Ir ao cinema é cada vez máis un acto nostálxico.
Na película tamén hai moito de nostalxia e de repaso da propia filmografía: Os cincuenta, American Graffitti, E.T., os Goonies... Cine de atraccións no que chirría o dixital e no que Indiana Jones é máis Indiana que nunca. Pura convención 100% xénero que fai que adiviñemos o que van facer os persoaxes antes de que o fagan. O Hollywood de agora, o Hollywood de sempre. Tantananaaá, tantanaaaaá, tantananaaá, tantaná-ná-ná, tantananaaá, tantataná, tantanana-tanana-tanana-tanaaaaaaaa...

Etiquetas: Isaac Marcel
Comments:
Publicar un comentario