5.4.08
Pepepaco ou un eremita na Chaira
Paseo con el por cabo do río. Como me educaron na escola de costas á natureza teño dificultade para identificar a maioría das árbores pero non hai problema, el que foi pouco a escola indícame e ensíname (iso que son bastante torpe nesta aprendizaxe biolóxico). O paseo é tranquilo e longo, relaxa, por algunhas partes non cheira ben por culpa dalgún residuo furtivo.Paseo con el por cabo do río e vouno coñecendo mellor e el a min. Cruzámonos con mulleres con chandal en plena "operación bikini", con homes aos que o cardiólogo recomendou pasear e con rapaces que corren escoitando música pensando neles sen disfrutrar do que os rodea.
Paseo con el por cabo do río. Parámonos ao sol morno, descansamos un pouco e continuamos de volta. Creo na potencialidade que ten a paisaxe, xa non só turística nen económica (que tamén) senón humana. O pracer que transmite a convivencia harmónica coa natureza, o pouco que custa e a pouca importancia que lle damos.
Etiquetas: Eremita na Chaira
Comments:
Publicar un comentario