<$BlogRSDURL$>

30.3.08

Un bus entre Azcona e Buñuel (2) 

A cousa calmouse cando o conductor do autobús abriu por fin as portas. Suspiro xeral e a rapazada para fóra a liarse petas coa seguridade de que a Garda Civil de Tráfico nunca ven cando se lle necesita.

O novo bus tardou media hora e a butaca que me tocou en sorte (por mala sorte) estaba vomitada. Pedín permiso para que me deixaran cambiar e non houbo ningún problema (so fodería).

O novo responsable da empresa intentou darnos unha explicación utilizando o micro do vehículo pero non puido facelo porque o obsoleto instrumento se acoplaba facendo un pitido agudamente infernal, así que que optou por facelo a capella.

O ALSA procedencia Madrid destino Lugo seguíu o seu camiño sin sobresaltos e chegou á cidade das murallas cunha hora de retraso.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License