29.3.08
Un bus entre Azcona e Buñuel
O ALSA procedencia Madrid destino Lugo no que ía parouse no medio da A6 por culpa dun fallo eléctrico (cousas que pasan). O conductor do bus chamou para que mandasen outro vehículo e tres señoras sudamericanas comezáronse a queixar da calor que ía. Non era para tanto pero a inquedanza se contaxiou e pronto toda a xente empezou a increpar ao conductor para que abrira a porta e deixara que entrase o aire. O buseiro facíase o xordo e eu xa me temía que a cousa derivaría nunha parodia buseira (¿Sería un novo xénero cinematográfico?) de El ángel exterminador.
Etiquetas: Eremita no bus
Comments:
Publicar un comentario