Sen dúbida a mellor páxina sobre comunicación adscrita a unha universidade estatal é o Portal de Comunicación da UAB (a Universidade de Santiago de Compostela ten a bitácora do grupo de investigación Novos Medios, proxecto bastante máis modesto). Se vos interesa a comunicación tamén tedes a oportunidade de consultar gratis na rede a revista TELOS.
O produto publicitario nace para vender ou para mellorar a imaxe corporativa dunha institución ou persoa, será por iso polo que as súas mensaxes son tan efectivas. Teñen que contar o que queren en pouco tempo ou espazo e con elo deben de seducir aos espectadores/lectores/oíntes.
Por poñer un exemplo ¿Cales son os tópicos sobre o que un faría se lle tocase a lotaría? Pois deixar ese traballo no que nos putean tanto, perde-lo xefe de vista e vivir como marqueses ou marquesas o resto da vida. Vede como todo esto "latexa" disfazado de humor no certeiro anuncio de "Pancho".
“Porque te quiero a ti, porque te quiero, cerré mi puerta una mañana y eché a andar” en bus porque “estando contigo contigo contigo de pronto me siento feliz” “y la tómbola del mundo me premió con tu querer.” Así que, moitas mañás, non todas que tampouco hai que esaxerar “tengo el corazón contento, el corazón contento, lleno de alegría” e sen dúbida “tu eres lo mejor de la mañana que entra por mi ventana, que entra por mi ventana”.
Collage sobre letras dalgunha das máis representativas cancións interpretadas por Marisol
Novas ligazóns en PERIFÉRICOS, a destacar Alma irracional a versión intimista Memoria de bolboreta e a sección Comunica-la arteque inaugura a interesante bitácora Comunicación culturalchea de reflexións e novas sobre a comunicación da cibercultura.
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Padre Coraje non é unha comedia compracente nin unha historia constumista. Padre Coraje é unha traxedia sen final feliz na que interveñen máis de cen actores e para á que se utilizaron aproximadamente oitenta localizacións que amosan unha Andalucía moi alonxada do típico anuncio promocional sufragado polo goberno autonómico.
O resultado artístico do que podemos considerar unha auténtica superproducción no marco da ficción televisiva estatal é bastante bo.
O feito de recrear o acento andaluz dos personaxes e os espazos marxinais nos que se desenvolve a miniserie axudan a que o espectador televisivo español recoñeza a verosimilitude do que está vendo en pantalla (a pesar do pelucón que lle poñen ao disfrazado Antonio Delgado).
A selección de actores e actrices é moi acertada, tanto en secundarios como en protagonistas, destacando especialmente as interpretacións de Juan Diego (na obra fai do atormentado Antonio Delgado) e de Vicente Romero (que encarna magnificamente a “El Maquea”, o antagonista).
A historia, coa atención que arrastra estar basada nuns feitos reais que contaron cun gran seguimento mediático, foi guionizada polo experimentado Antonio Onetti e dirixida polo solvente Benito Zambrano (que viña coas credenciais e o prestixio que lle otorgara a realización da longametraxe Solas ).
Contan as crónicas que Svetlana acudíu ao programa vespertino Diario de Patricia de Antena 3 sen ter coñecemento de que alí a agardaba Ricardo, o seu excompañeiro sentimental, o mesmo que acababa de ser condenado a once meses de prisión por maltratala. Fóra das cámaras, cinco días despois do programa e tras unha forte discusión Ricardo apuñalaba no pescozo a Svetlana que morrería á mañá seguinte. Ver as imaxes de Svetlana produce verdadeira tristeza, todo o sufrido está na súa mirada, "hay muchas más cosas..."
Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco
Xogamos coa Terra coma se fora un globo e fixemos con ela o que nos petou, así que algo teremos que ver nas transformacións que sofre. Por iso me quedo co sentidiño que lle pon o Biólogo y becario porque sexan ou non as prediccións do cambio climático catastrofistas tampouco nos costa moito intentar facer as cousas bastante mellor.
Día de cores pardas e follas molladas no chan propicio para o estudio, o plumífero, o visionado de dvds, o gas natural e as meditacións do tipo: "¿Qué es el ser? ¿Qué es la esencia? ¿Qué es la nada? ¿Qué es la eternidad? ¿Somos alma? ¿Somos materia? ¿Somos sólo fruto del azar?"
Destronado como rei do prime time, o cinema sobrevive nesa franxa horaria máis por prestixio (imaxe de cadena) que pola rendabilidade económica porque incluso ás veces a gran inversión que supón emitir un filme exitoso non garantiza o liderazgo de audiencia.
O domingo pasado a emisión de Mystic River no espazo Película de la semana de La 1 de Televisión Española conseguíu ser líder da franxa horaria estelar.
Coa (in)fidelidade dos audímetros podemos dicir que case tres millóns e medio de espectadores (3.478.000) estiveron vendo esta desasosegante traxedia que logrou acadar unha cuota de pantalla do 22,5%. Isto supúsolle á primeira canle da televisión pública estatal mellorar o seu resultado porcentual en 3,5 puntos con respecto ao mesmo horario da semana pasada.
Onte comunicáronme no traballo que conseguín o ascenso. Isto suponme máis unha alegría psicolóxica de engrosamento de ego que unha alegría económica. O salario é máis ou menos igual e a responsabilidade é moito maior pero estou moi leda. Estiven a piques de deixalo cansa xa de tanto teleoperar e repetir como un loro as mesmas respostas.
A isto me dedico polas mañáns e polas tardes ando nun curso de novas tecnoloxías nunha academia carísima que me financio cos cartos das teleoperacións. Ao comezo pensei que ía ser unha "pataca" manexando os programas pero a cousa non saíu tan mal. Hai que perderlle o medo a estas máquinas e darlle duro aos programas porque a santísima trinidade para atopar un bo traballo hoxe por hoxe é: novas tecnoloxias, idiomas e facer un master. Amén.
Eztoy en "caziña" y con miz padrez lo de ziempre, ziguen zin entender que el mercado laboral actual exige un tiempo de formación máz amplio. A elloz lez da igual que haya trabajado ezte verano en una de laz emprezaz máz importantez de Ezpaña (gratuitamente de becario encargado de caféz, eztanteríaz y fotocopiaz), lez da igual que zea una joven promeza de la política nacional, lez da igual que el propio ZP me haya copiado con zu lema "con Z" (algo que el "zociolizto" nunca reconocerá pero que todoz vozotroz zabeiz que ez verdad) y zólo ze dedican a reprocharme que voy por mi décimo año de eztudiante de emprezarialez. Azí que, lez he tenido que prometer que ezte curzo me licencio. Buff!!! Qué vertigo me entra de zólo penzarlo!!!
Aprobouse no Senado unha moción presentada polo Partido Popular (apoiada por Coalición Canaria e CiU) na que se insta ao goberno a garantizar a gratuidade de todos os contidos da TDT. Hai que lembrar que o PP era o partido que estaba gobernado cando se lanzou QUIERO TV, a TDT de pago, un auténtico fracaso que nun par de anos foi a quebra. Sen embargo, parece que o PSOE non ve con malos ollos que se abra a porta a unha TDT mixta (gratuíta e de pago) porque o seu grupo de comunicación amigo Mediapro, accionista de La Sexta, ten a intención de incluír os partidos de fútbol de pago en TDT como forma de rendabilizar a compra dos dereitos de retransmisión aos clubes. Actualmente a normativa vixente non contempla a posibilidade de ofrecer en TDT servizos de ppv (pago por visión) pero tempo ao tempo.
Pre-home feito e dereito ou post-adolescente serodio con Converse All Star busca temas interesantes que relacionen transverlmente a arte (xestión, institución, teoría, estética e historia) coa comunicación audiovisual (formas de expresión en imaxes e novas tecnoloxía). Razón nesta web.
Artigos de crítica ético-estética ou aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Megaproxectos borracosos: Non se soubo máis da iluminación do alcalde getafense chamada "Ciudad de las Vanguardias", en Alcorcón hai protestas pola ubicación onde se construirá o CREAA e a arquitecta Zara Hadid ve na compostelá Cidade da Cultura a posibilidade de ter un estupendo campus
Da casa para clase. O meu aburrimento é sideral ¿Vida social? Máis ben pouquiña, tampouco teño moitas gañas de andar alternando. E dos profesores. Pasopalabra. Rúa Madrid, rúa Madrid. Cinco vellos amañan o mundo. Algún bar, oficinas e bancos. Rúa Madrid, rúa Madrid. ¡Para unha visita que teño interesante!. Da clase para casa. Catro casetas de libros e o Canario repartindo os seus relatos.
Os guionistas están de folga nos Estados Unidos. Ao parón creativo foron convocados os 12000 afiliados que ten o WGA (Writers Guild of America) que lle piden aos representantes da AMPTP (Alliance of Motion Picture and Television Producers) que aumenten os ingresos deste colectivo pola exhibición dos produtos audiovisuais nas novas xanelas de explotación (o DVD, as descargas de Internet, telefonía móbil, etc...). Dos guionistas dependen as historias dos filmes pero tamén as historias das series de ficción televisiva, dos "late nights", os contidos dos "reality shows", etc... Creadores de soños ou trasmisores da ideoloxía da potencia dominante nas mentes destes creadores se configurou para ben ou para mal gran parte do imaxinario colectivo occidental da segunda parte do século XX, unha americanización que parece que segue en expansión seducindo a novos mercados no mundo-aldea do século XXI. A súa presión fai que a industria do entretemento norteamericano ande botando contas sobre as posibles pérdidas que ocasionará esta folga porque se as ideas faltan as máquinas tamén teñen que parar.
Artigos de crítica ético-estética ou aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
A recepción na crítica do pavillón español da LII Bienal de Venecia (7)
La Spagna offre drammatiche riletture odierne di Pound, Nietsche, Proust dal titolo Paradiso spezzato.
Fragmento de "Il paradiso spezzato della creatività" artigo escrito por Fiorella Minervino en La Stampa (completo nesta ligazón ).
Desde hace más de treinta años, José Luis Guerín aprovecha sus visitas a otras ciudades para tomar fotos de desconocidas. Nunca habría osado hacerlo en Barcelona. Pero bajo la invisibilidad que le otorga su estatus de turista, persigue una y otra vez el "mito de la fugitiva". "Creo que todos los hombres, pese a tener una pareja estable y una vida feliz, en algún momento de sus vidas se han cruzado con una mujer en la calle que recordarán siempre y se recriminarán el no haber hecho alguna cosa para resolver ese misterio", dice. Él las detiene con su cámara. Y las tiene a montones. Así que cuando el comisario y crítico de arte Alberto Ruiz de Samaniego le invitó a participar en el pabellón español de la Bienal de Venecia - lo hizo mientras ponía en sus manos el cuento de Proust Mujeres desconocidas-,pensó que había llegado el momento de hacer algo con todo aquel material acumulado a lo largo del tiempo. El resultado es Las mujeres que no conocemos,una hermosa, melancólica y poética instalación que estos días acapara felicitaciones, pese a hallarse inmersa dentro de una propuesta colectiva objeto de una cierta polémica. (Guerín hizo una primera presentación del material en el suplemento Cultura/ s, 19/ IV/ 2006).
El director de En construcción comparte pabellón con artistas de disciplinas y poéticas bien diferentes, como el fotógrafo gallego Manuel Vilariño, el dúo de performers Los Torreznos y el jovencísimo Rubén Ramos Balsa (Santiago de Compostela, 1978) - junto a Guerín, el autor de la propuesta más interesante: deliciosas sus arañas o el zapateado flamenco dentro de las bombillas-, todos bajo el lema común de Paraísos fragmentados.El punto de partida era una suerte de revisión paradisiaca de la existencia, a partir de la idea de Ezra Pound de que el paraíso sólo existe en fragmentos inesperados. Pero el resultado es desigual, y el visitante no sólo no ve el paraísos por ninguna parte, sino que tiene la sensación de estar ante una suerte de zapping, saltando de obra en obra, sin un hilo argumental y sobre todo sin entender qué ha querido explicarnos el comisario.
Fragmento de "Guerín Salva el pabellón español" de Teresa Sesé -artigo completo nesta ligazón-.
Artigos de crítica ético-estética ou aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
A recepción na crítica do pavillón español da LII Bienal de Venecia (6)
La 52ª Bienal de Venecia está a punto de clausurarse. En esta edición, España ha contado con una discutida selección a cargo de Alberto Ruiz de Samaniego. Lo mejor que se ha dicho de algunos artistas incluidos en el pabellón es que resultaban divertidos (Herald Tribune, 14/VI/2007). José Luis Guerín un referente indiscutible del cine español contemporáneo, también ha provocado división de opiniones. En muchos casos la presencia española ni siquiera a merecido un comentario detenido.
Fragmento de "Los restos del día" por Carles Guerra Cultura/s, La Vanguardia, 31/X/07, p. 3.
Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco
Do agricultor ao licenciado. A evolución do perfil do emigrante galego.
"Máis da metade dos galegos que emigran son licenciados na procura de emprego
Galicia segue a ser un país de emigrantes. Pero o que se muda hoxe pouco se parece ao de hai décadas. O 60% dos 45.000 galegos que marcharon no 2006, segundo as cifras dun informe sociolaboral do Consello Galego de Relacións Laborais, son investigadores novos que emigran cara outras comunidades máis ricas atraídos por outras empresas. Para iso, desde o informe ínstase a reforzar a aposta pola investigación en I+D e crear máis prazas de investigadores".
Os cerebros marchan pero afortunadamente os restaurantes seguen abertos.