30.4.07
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
Teño dor de moas (cousas do xuízo), o típico que chegas ao dentista, mira un pouquiño como tes a boca e che di: "¡Iso non é nada! Tomas xxxx 850 durante unha semán e xa esta". Como non estou disposto a pagar sesenta eurazos para que me digan isto de novo e tampouco me apetece esperar dúas horas en Urxencias por esta tontería intentei axenciarme uns antibióticos sen receta. A pesar da cara de anxiño que puña a cousa non colou, no tempo que emplei ben podería ter conseguido marihuana, hachís, cocaína, heroína ou demáis drogas ilegais pero non antibióticos. Así que toca aguantar ou chuparse dúas horas e pico en Urxencias para que che digan: ""¡Iso non é nada! Tomas xxxx 850 durante unha semán e xa esta".
Mail
Etiquetas: Eremita en Xetafe
# posted by carlos : 12:24 PM
|
28.4.07
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común
64.- 19/IV/07
AKERMAN, C.: De l'autre côte (From the other side), 2002. V.O.S.E. Proxección en pantalla. 20:00. Madrid (La Casa Encendida).
65.- 21/IV/07 VERTOV, D.: El hombre de la cámara, 1929. Anotacións rusas subtituladas en inglés. CD en TV. 11:00. Xetafe (salón).
66.- 21/IV/07 SILVER, S.: Suicide, 2003. V.O.S.E. Proxección en pantalla. 20:00. Madrid (salón de actos Reina Sofía).
67.- 23/IV/07 PROYAS, A.: El cuervo, 1994. Dobrada. Emisión en TV (La Sexta). 22:01. Xetafe (salón).
68.- 24/IV/07 SCOTT, R.: Blade Runner, 1982. V.O.S.E. Proxección en pantalla. 22:00. Madrid (sala 1, Cine Doré).
69.- 25/IV/07 JACKSON, P.: Forgotten Silver, 1995. V.O.S.E. Proxección en pantalla. 16:15. Xetafe (aula 5, facultade).
70.- 26/IV/07 RESNAIS, A.: Hiroshima, mon amour, 1959. V.O.S.E. Proxección en pantalla. 9:10. Xetafe (aula 5, facultade).
Etiquetas: Isaac Marcel
# posted by carlos : 2:03 PM
|
27.4.07
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
Estou convencido que os estadios da lúa e o clima inflúen no noso carácter. Os días de treboada coma este soen ser para min días introspectivos, pesimistas e tristes. Días de "¿E todo isto para que?", de "¿Que son?", de "¿Que seremos?".
Etiquetas: Isaac Marcel
# posted by carlos : 9:08 PM
|
26.4.07
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Índice de películas vistas no 200757.- 8/IV/07
PYÑEIRO, M.: El método, 2005. Emisión televisiva Canal +. Madrugada. Vilalba (Habitación hotel).
58.- 10/IV/07
LINKLATER, R.: Antes del atardecer, 2004. V.O.S.E. Proxección en pantalla. 16:15. Getafe (Aula 5 Facultade).
59.- 11/IV/07
VON TRIER, L.: El jefe de todo esto, 2006. V.O.S.E. Proxección en pantalla. 22:00. Madrid (Sa 2, Golem Alphaville).
60.- 12/IV/07
VV.AA.: Invisibles, 2007. V.O.S.E. Emisión televisiva La2. 22:45. Xetafe (salón).61.- 13/IV/07 POLANSKY, R.: Oliver Twist, 2005. Dobrada. Emisión televisiva Telemadrid. 22:15. Xetafe (salón).
62.- 18/IV/07 TEMBOURY, P.: Karate a muerte de Torremolinos, 2001. DVD en TV. 23:00. Xetafe (salón).
63.- 19/IV/07 BUÑUEL, L.: El ángel exterminador, 1962. Proxección en pantalla. 9:15. Xetafe (Aula 5 Facultade).
Etiquetas: Isaac Marcel
# posted by carlos : 3:52 PM
|
25.4.07
Artigos de crítica-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
A construcción mítica dun relato ou a galeguización naif da teoría do autor cinematográfico: a recepción de Sempre Xonxa de Chano Piñeiro.
Etiquetas: Isaac Marcel
# posted by carlos : 3:06 PM
|
24.4.07
Novas novas...
"A India e Cuba acollen dous ciclos de proxección de producións galegas. O sector audiovisual galego ten un reto pendente na súa internacionalización. Por iso, é boa nova que as nosas producións estean a se exhibir en Cuba e na India. En Cuba grazas ao I Encontro do Audiovisual que promove a Secretaría de Comunicación, cunha proxección de filmes, a sinatura dun convenio co Instituto Cubano de Arte para desenvolver proxectos conxuntos e a recuperación dunha vintena de documentais que se depositarán no CGAI. Da outra, grazas ao Centro de Estudos de Español, Portugués e Italiano da Universidade Jawaharlal Nehru, en Nova Delhi poderanse ver as últimas producións galegas, acompañadas de clásicos como “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro".
Etiquetas: Novas novas...
# posted by carlos : 6:16 PM
|
23.4.07
Bloguería, bloguería (ESPECIAL TERCEIRO ANIVERSARIO)
Aos que entraron aquí esperando atopar información de periféricos de ordenador e so encontraron información de periféricos sentimentais, aos que fan o esforzo de ler habitualmente esta bitácora en galego sen ser
galegos, aos que me ensinaron que existía unha cousa que se chamaba
blog, aos que se tomaron a molestia de
linkarnos (hai máis pero non aparecen nesta lista oficiosa), a todos vos e aos demáis tamén:
"Solamente puedo decir gracias por venir" que tres anos e máis de oitocentas entradas son moitas horas. Pd: Renovamos contrato por un ano que a cousa pode poñerse interesante e hai que vivir para posteala, iso si, coma case sempre, contando sen contar, dicindo sen
dicir.
Etiquetas: Bloguería
# posted by carlos : 3:56 PM
|
22.4.07
Pepepaco ou un eremita en Xetafe
Aquí estás ben, estás agusto, é un sitio tranquilo e a universidade non está nada mal. Teste que largar, sabes que é agora ou nunca, que aprender inglés é imprescindible. ¿Imprescindible para que? Se te vas non che van a convalidar a metade das asignaturas, iso suporía un tercer ano aquí e non estás para perder o tempo, xa non tes idade para iso, se o venres pasado xogache un partido de fútbol e aínda che duran as maniotas. Viñeches aquí porque che ofrecía a posibilidade de ir alí. Sintes que isto se che queda pequeno, aquelo probablemente será igual, pero descúbreo por ti mesmo. Estas na idade de arriscarte, de ver moitas cousas que soñas ver e de aprender moitas cousas que sempre soñache aprender. Soños, soños, a realidade é a realidade. Que triste sería unha realidade sen soños. ¡Non maduras!. Eres un tío moi responsable e bastante traballador. Espabila a troita que che quedan cinco días. ¿Que fas? A túa vida é túa.
Etiquetas: Eremita en Xetafe
# posted by carlos : 12:37 PM
|
19.4.07
Bloguería, bloguería...
Compostela cumpre tres anos, así que coa autoridade que me da ser lector diario dese blogue dende o seu nacemento permítome a licencia de gastarlle esta pequena broma porque penso que esa bitácora aínda podería ser
mellor Mail
Etiquetas: Bloguería
# posted by carlos : 6:45 PM
|
17.4.07
Variacións
Vivir para
postealo (Gabriel García Márquez)
Etiquetas: Variacións
# posted by carlos : 1:09 AM
|
16.4.07
Bloguería, bloguería
Tempada de abandono de blogs. Coa despedida de
Caixa de Xastre perdemos un dos minifundios cibernéticos galegos máis interesantes.
Outros regresan tras o ocaso, sen avisar, nun novo periodo cheo de anotacións moi interesantes. Na rede o zoco volta a ser
azul.
Etiquetas: Bloguería
# posted by carlos : 1:06 AM
|
14.4.07
Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco
O semanario nacionalista
A NOSA TERRA fala de que se pactou unha fronte lingüística común entre
Galicia, Cataluña e Euskadi. Todo moi bonito, cheo de boas intencións pero a ver que aplicacións prácticas ten.
Polo de agora as webs dos principais partidos nacionalistas como a do
BNG, a do
PNV, a de
ERC e a de
CiU non contan coas opcións lingüísticas plurais que predican.
Tampouco hai esta posibilidade nas páxinas dos proxectos culturais máis importantes do espazo político Galeuscat, é dicir, na do
Guggenheim de Bilbao, na da
Cidade da Cultura de Compostela, na do
MNAC, na do
CCCB de Barcelona, na do
CGAC de Compostela, na do
ARTIUM de Álava ou na do
MARCO de Vigo.
Por iso sorprendeume onte cando lía
PERIFÉRICOS ver que a páxina de presentación do
CREAA conta coa opción tetralingüística. Así que moito
GALEUSCAT pero quen deu exemplo neste caso foi
Alcorcón.
Etiquetas: Uxío Marsuco
# posted by carlos : 1:19 PM
|
12.4.07
Artigos de crítica-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
A este paso e grazas ao ego dos alcaldes a zoa do Madrid Sur se vai convertir nun dos lugares do mundo mundial con máis densidade de contedores culturais por habitante (cc/h). O
CREAA (Centro de Creación de la Artes de Alcorcón) adiántase ao proxecto da
Cidade das Vangardas de Xetafe. Por certo, que o CREAA conta cunha atractiva páxina web que podedes consultar facendo click
aquí.
Etiquetas: Isaac Marcel
# posted by carlos : 6:39 PM
|
11.4.07
Pensar de cine a través doutros (Extractos das lecturas de Pedro A. Rodríguez)
"Montar significa organizar los fragmentos filmados (las imágenes) en un film, escribir el film mediante las imágenes rodadas, y no elegir unos fragmentos filmados para hacer unas escenas (desviación teatral) o unos fragmentos filmados para hacer unos textos (desviación literaria)"
Etiquetas: Pensar de cine
# posted by carlos : 6:07 PM
|
10.4.07
Pensar de cine a través doutros (Extractos das lecturas de Pedro A. Rodríguez)
"Una parte de los actores que encontramos en el cine ruso no son actores en nuestro sentido, sino gentes que desempeñan su propio papel, sobre todo en su actividad laboral. En Europa occidental la explotación capitalista del cine prohibe atender la legítima aspiración del hombre actual a ser reproducido. En tales circunstancias la industria cinematográfica tiene gran interés en aguijonear esa participación de las masas por medio de representaciones ilusorias y especulaciones ambivalentes".
(BENJAMIN, W.: "La obra en la era de su reproductibilidad técnica" en Discursos ininterrumpidos I. Madrid, Taurus, 1989).
Nota ao pe: Hoxe en día deberiamos falar da lexítima aspiración do home actual a non ser reproducido.
Etiquetas: Pensar de cine
# posted by carlos : 6:52 PM
|
9.4.07
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel
Índice de películas vistas no 200750.- 3/IV/07 ZINDER, Z.: 300, 2007. Dobrada. Proxección en pantalla. 18:15. Lugo (SalaVIII do Cine As Termas).
51.- 4/IV/07 DEL TORO, G.: El laberinto del Fauno, 2006. V.O. DIVX en ordenador. 23:45. Vilalba (Habitación).
52.- 6/IV/07 ANNAUD, J.J.: El nombre de la rosa, 1986. Dobrada. CUATRO. 16:00. Vilalba (Cociña).
53.- 6/IV/07 GILLIAM, T.: El secreto de los hermanos Grimm, 2005. V.O.S.E. CANAL +. 22:30. Vilalba (Salón).
54.-7/IV/07
KLEISER, R.: Grease, 1978. Dobrada. Canal HOLLYWOOD. 00:15. Vilalba (Salón).
55.- 7/IV/07
STORY, T.: Los 4 Fantásticos, 2005. V.O.S.E. CANAL +. 15:00. Vilalba (Salón).
56.- 7/IV/7 JEUNET, J.P.: Largo domingo de noviazgo, 2004. V.O.S.E. CANAL+. Pola tarde(falta á hora). Vilalba (Salón).
Etiquetas: Isaac Marcel
# posted by carlos : 4:29 PM
|
8.4.07
Pepepaco ou un eremita na Chaira
Ser pasivo, dormilón, asocial, cinéfago e con uns quiliños de máis decide non facer crónica da multivisitada Feira do Queixo de San Simón. Ser pasivo, dormilón, asocial, cinéfago e con uns quiliños de máis regresará a Xetafe con todos os libros que trouxo sen abrir e con todos os traballos que ía facer sen facelos. Ser pasivo, dormilón, asocial, cinéfago e con uns quiliños de máis espera retomar constantes vitais.
Etiquetas: Eremita na Chaira
# posted by carlos : 4:54 PM
|
5.4.07
Itinerarios Periféricos
...Vilalba, Miño, Guitiriz, Vilalba, Xestoso, Vilalba...
Etiquetas: Itinerarios Periféricos
# posted by carlos : 8:35 PM
|
4.4.07
Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común
Índice de películas vistas no 200743.- 23/III/07 VON DONNESMARK, F.H.: La vida de los otros, 2006. Dobrada. CD en TV. 19:00. Xetafe (Salón).
44.- 24/III/07
ARDOLINO, E.: Dirty Dancing, 1987. Dobrada. Antena 3. 22:40. Xetafe (Salón).
45.- 26/III/07 FORD, J.: El hombre que mató a Libety Valance, 1962. V.O.S.E. DVD en TV. 18:30 Xetafe (Salón).
46.- 26/III/07
GEORGE, T.: Hotel Rwanda, 2004. Dobrada. CUATRO. 22:00 Xetafe (Salón).
47.- 29/III/07 MINELI, V.: Melodías de Broadway, 1953. V.O.S.E. DVD en TV. 22:00. Xetafe (Salón).
47- 30/III/07 EASTWOOD, C.: Puentes de Madison, 2003. V.O.S.I. DVD en TV. 16:00. Xetafe (Salón).
48.- 31/III/07 BOGDANOVICH, P.: La última película, 1971. Dobrada. La 2. 22:05. Xetafe (Salón).
49.- 1/IV/07
NOLAN, C.: Memento, 2000. V.O.S.E. DVD en TV. 21:30. Xetafe (Salón).
Etiquetas: Isaac Marcel
# posted by carlos : 10:32 PM
|
3.4.07
Intertextos
(...)cada día un instante volver a pensar en ti.
En la voz suave del mar (...)
(Bebe)
Etiquetas: Intertextos
# posted by carlos : 4:39 PM
|
2.4.07
Itinerarios periféricos
Xetafe, Madrid, Baraxas, Alvedro, Vilalba...
Etiquetas: Itinerarios Periféricos
# posted by carlos : 7:59 PM
|
1.4.07
Blogueria, bloguería
En vísperas do seu tercer aniversario,
Compostela reflexiona en dúas das súas últimas anotacións de xeito lúcido-escéptico sobre a nación/nazón (
De vuelta a Vitoria (I) e
De vuelta a Vitoria (II)). Na primeira incluso se arrinca a escribir en galego (¿Para cando unha sección en galego?)
Tras finalizar a filmación de
Os crimes de Oxford (falta montaxe, posproducción, etc...) Alex de la Iglesia abandona
o blog a partir do cal sacará probablemente un libro. Unha mágoa porque con esta bitácora moitos aprendimos bastante sobre como é unha rodaxe. Haberá que buscarlle un sustituto digno na sección de links
Escribir de cine.Por iniciativa da guerrilleira mediática
Marga Román engadimos o que será un novo grupo de ligazóns relacionados coa televisión baixo o título de
A caixa lista. Polo de agora so está Fórmula TV unha páxina de tele bastante completa que inclúe novas do medio, audiencias, etc...
Etiquetas: Bloguería
# posted by carlos : 4:06 PM
|
