<$BlogRSDURL$>

5.9.07

Pepepaco ou un eremita na Chaira 

Choques de procesións (II)

Os fúnebres clarinetes da banda e os grandes crucifixos de plata fan calar ao pastiche oriental, unha mágoa porque a bailarina non o facía nada mal.

Entra o santo no seu templo e comezan as pandereteiras que ían detrás del vestidas de galegas. De galega tamén ía algunha cubana, máis que vestida disfrazada, como diría ela. E non lle falta razón, disfraces son os traxes típicos que aínda que son tradición hai tempo que non son tendencia. Pero nunca se sabe e como a moda non é unha ciencia igual vemos que dentro duns anos domina o revival retro-agro.

Co silencio das pandeireitas remata a procesión, comeza a dispersión cara os bares cheos que hai que celebrar que sacamos ao santo de paseo e nos decorados medievais (é un dicir) regresan os ritmos orientais que dan que falar ao terraceo.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License