<$BlogRSDURL$>

15.9.07

Pepepaco ou un eremita en Xetafe 

Rúa Madrid en mañá de Sábado (I)

Regresa á rúa Madrid esa agroperfomance extraña e rural na que un ancián enxuto, con bigote branco e emboinado sostén cunha man un pratiño no que pouca xente lle bota cartos e coa outra man un cordel do que está amarrada unha cabra. Todo isto ambientado por unha demo que sae a toda voz dun órgano barato.

Como cada sábado con tempo aceptable a rúa énchese de viandantes para alegría de comerciais e incluso do rapaz cego que vende cupóns (ao que un día acompañei ata a estación de tren porque levaba unha chea que non se tiña en pé). Este tamén aproveita o tirón e cambia o seu punto habitual de venda uns centenares de metros para poñerse no epicentro comercial.


Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License