<$BlogRSDURL$>

18.9.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 


A historia de Man (así sintetizada por Umbral ) o alemán de Camelle, o artista que confrotaba simbioticamente as súas esculturas co mar verde da Costa da morte, o home mínimo que tatuou o seu corpo no cemento dun paseo marítimo que agredía a súa paisaxe, é unha historia de película. Un primeiro intento foi a curtametraxe de animación que en clave naif-onírica-política realizaron Juan Carlos Abraldes e Luis Faraón (a ficha aquí).
Un gran esforzo en 3D, limitado gráficamente e cun guión bastante simple pero que pode ser unha boa base sobre a que traballar porque a vida/obra deste artista límite (un prehistórico no posfordismo) no que se mixturaron os umbrais de ambas debería de ser coñecida antes de que o seu patrimonio artístico, case natural e dende logo paisaxístico desapareza completamente.

Foto propia

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License