<$BlogRSDURL$>

15.7.07

Pepepaco ou un eremita en Xetafe que pseudotraballa en Madrid 

Calor ¡Que calor! Ata agora todo o día na casa. A xente intenta fuxir á praia: La Manga, ao Norte (en xenérico), a Cadiz... Pero moitos non poden (máis dos que pensaba). Parellas trintañeiras tardías que saldarán contas co banco cando teñan setenta anos (¡Incrible!) pendentes do EURIBOR. C.C.C. (Coche, casa, cativos). Calor ¡Que calor! Estudantes en prácticas non remuneradas ordenando estantes (a empresa cobra por eles pero eles non cobran pola empresa). Calor ¡Que calor! Aquí hai xente con moita pasta pero hai moitísima máis sen ela. Calor ¡Que calor! Nas grandes cidades a supervencia entende de poucas éticas: trapicheos, roubos, mentiras... Calor ¡Que calor! As piscinas públicas están ateigadas. Calor ¡Que calor! Suor e sestas longas.

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License