<$BlogRSDURL$>

30.6.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

1ª SEMANA EASTWOODIANA

Cartas de Iwo Jima: A luz das tebras e a contención do xesto (II)

O resultado é esa fotografía contrastada de tebras e penumbras que tan constante será nalgunha das mellores obras de Eastwood (estou pensando por exemplo en Mystic River, 2003). Este contraste de luz vai xerando sombras definidas e precisas, un tratamiento lumínico que o cineasta herda do visionado na súa etapa de xuventude de aquelas “películas en las que el trabajo del operador jefe era atrevido, en las que la luz tenía contraste, como El tercer hombre. Iban contra las normas de la época” (aquí).

A iluminación dura de Cartas de Iwo Jima tamén provoca sombras proxectadas moi cercanas ao expresionismo cinematográfico e que destacan especialmente nunha película como esta que foi sometida a un proceso de desaturación de cores. Ademáis, nela as sombras fixas envolven ás personaxes reforzando a intensidade dramática da súa actuación. Precisamente esta é unha das claves para a elección deste tratamento lumínico: “A veces creo que el drama se trasluce mejor a través de lo que no se ve en los ojos y la cara de los actores. Y si de repente aparece algo en su mirada, el impacto es más fuerte.” (aquí).

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License