<$BlogRSDURL$>

26.6.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

1ª SEMANA EASTWOODIANA

Banderas de nuestros padres: a historia da construcción dun mito (II)

nombre

Dos seis militares que aparecen na foto so os tres supervivintes pasaron do infierno de Iwo Ima a convertirse en falsos ídolos da cultura popular estadounidense. Tres mozos (un enfermeiro, un mensaxeiro e un soldado de raza india) que son transformados da noite á mañá en heroes, recibidos triunfalmente con banda de música e pancartas baixo o lema de Welcome our hero. Utilizados na súa mitificación co fin de acadar os fondos necesarios para continúar na guerra (Now All Together). Uns heroes fraudulentos aclamados pola multitude, como o protagonista de Juan Nadie (F. Capra, 1941), conscientes como este da súa condición de farsantes pero finalmente honestos.

Contado coa nostalxia que sinte un fillo ao falar do seu pai, a historia crece en emoción cando a súa voz en off nos guía a través do percorrido destes xoguetes rotos. Unha historia de patriotismo crítico na que se aborda tanxencialmente o racismo, a hipocresía do poder e os meandros das relacións sentimentais/familiares. Un emocionante relato que é contado dende o despois da guerra na que o derradeiro testimonio é o dun vello veterano ao que lle faltan os dous brazos como a aquel inesquecibe personaxe doutra película de desencanto, Los mejores años de nuestra vida ( W. Wyler, 1946).
Imaxe de http://www.independentcritics.com/
Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License