<$BlogRSDURL$>

25.6.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común 

1ª SEMANA EASTWOODIANA

Banderas de nuestros padres: a historia da construcción dun mito (I)

A primeira imaxe que vemos en Banderas de nuestras padres é a dun soldado desorientado no medio da batalla. De fondo escoitamos unha voz en off que con descreímento di: “Hay muchos imbéciles que se creen que saben lo que es la guerra, sobre todo aquellos que no han estado en una, les gustan las cosas bien claritas, buenos y malos, héroes y villanos, de eso siempre hay, pero la mayoría de las veces no son quien nosotros creemos”. Toda unha declaración de intencións do que será este dobre proxecto.

A historia de Banderas de nuestros padres está construida de feitos casuais que poucas veces se teñen en conta. Mitifícase, desmitifícase e remitifícase. Necesitamos heroes e quizáis nós mesmos poidamos ser heroes tal e como cantaba David Bowie.

Así a partir dunha foto casual, publicada no Washington Post, uns soldados pódense convertir en estrelas mediáticas polo simple feito de colocar unha bandeira de recambio nun mástil. E esta é a historia que nos conta Eastwood en tonos pardos e atmósfera sepia, guionizada por Haggis e Boyles, construída visualmente por Cox e posta en escea cuns grandes recursos de producción. Unha historia en discontinuidade, na que se alterna ese ficticio tempo presente co pasado ubicado no desembarco de Iwo Ima en plena 2ª Guerra Mundial.

Mail

Etiquetas: ,


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License