<$BlogRSDURL$>

11.5.07

Artigos de crítica ético-estética ou un aspirante a snob atrapado no sentido común por Isaac Marcel 

Presentación de Cahiers du Cinema España (I)

Pouca xuventude e moito clásico (sentado detrás de min estaba Manuel Hidalgo coas súas lentes redondas e a súa voz modulada) na presentación de Cahiers du Cinema España onte no Cine Doré (Filmoteca Nacional). Discursos institucionais de parabéns mutuos e agradecementos globais de Frodon (director de Cahiers du Cinema), Heredero (director da edición española) e Jenaro Talens (pluriman).


Xunto a eles estaba un Trueba pletórico que falou da súa primeira experiencia Cahiers en plena "apoteosis masturbatoria" do seus críticos (inicios dos setenta) que conseguiran facer unha revista de cinema na que non se citaba nen unha película. O oscarizado español desexou que a edición española fora unha edición aberta e benhumorada non "divina y superguay", unha revista que non servise para facer un "panteón, como hace Cahiers". No turno de preguntas e respostas Frodon pediu a palabra para contestar moi diplomáticamente a Trueba. O seu minidiscurso rematou cun "estamos moi orgullosos de toda a historia de Cahiers" (fortes aplausos do público). Ante esta afirmación, a Trueba non lle faltaron nin dous segundos para dicir "ahora ya sabéis porque chauvinist es una palabra que no tiene traducción" (poucos aplausos pero moitas risas).

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License