<$BlogRSDURL$>

6.5.07

Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco 

En paralelo aos "disturbios de París" (por suposto co plan de integración de Sarko isto non voltará a pasar) en España a xuventude vía sms ou mail organizábase coa eficacia dun exército en macrobotellóns. Hai unha semana, no madrileño barrio de Malasaña, houbo durante dúas noites seguidas un duro enfrontamento entre a policía e os probotellóns (a proximidade das eleccións municipais conta) para desgracia deses veciños "noctámbulos á forza" (que ao fin e ao cabo son os que van votar). Hai poucos días, José María Aznar López, expresidente do governo, viña a reinvindicar a súa liberdade a beber viño antes de conducir sempre e cando non puxese en risco a integridade física das demáis persoas. As declaracións de Aznar enlazan coa actitude dos universitarios macrobotelleiros e dos apedreadores antisistema porque no fondo todo isto xira aorredor dunha idea á que ninguén lle parece prestar atención pero que causa verdadeiros tumultos na plurinazón (sen entender de fronteiras estatutarias) que é a importancia que lle damos á festa. Seguramente isto teña moito que ver con que España sea unha das zoas de Europa onde máis cocaína se consume, aínda que sempre lle podemos seguir botando a culpa aos guiris.


Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License