<$BlogRSDURL$>

13.3.07

Os escritos de interparroquialismo e confraternización transtaberneira de Uxío Marsuco 

Dous galegos teñen a dubidosa honra de protagonizar a crispación política estatal. No curruncho ¿esquerdo? atopamos ao de Palas de Rei José/Pepe Blanco (curioso que cando se lle quere descalificar se lle engada o sufixo "-iño") o brazo dialéctico do PSOE (así están as cousas).

No curruncho dereito (non hai ningunha dúbida) está o compostelán/pontevedrés Mariano Rajoy que o sábado pasado encabezou unha marcha millonaria en contra da política zapateril antiterrorista. No seu discurso Rajoy nin mencionou ás víctimas do 11M (non lles podería sacar rendabilidade política) e entre tanta bandeira rojigualda auto-apuntalouse como líder de "facción" desbancando ao mesmísimo Acebes (e iso que cando entrou como candidato á presidencia dicían que representaba o centro moderado).

Mail

Etiquetas:


|
Comments: Publicar un comentario

This page is powered by Blogger. Isn't yours? Creative Commons License