18.3.07
Comunicando... (Marga Román)
Falábase de que co cambio de governo ían a liquidar da nova galega sofisticada ao que pasaba por ser o píar espiritual do antigo réxime: o LUAR. Pero o programa segue aí, venres tras venres, líder de audiencia (coa credibilidade que lle poidamos dar á súa medición penso que polo menos isto serve como dato orientativo). A súa última emisión acadou un 23,8 % (superior ao total da cadea e líder no prime time).
Pouco sofisticado (a pesar do smoking de Gayoso), pouco xove, pero moi efectivo, o LUAR está nas antípodas de CUATROSFERA.
Luar é un programa principalmente musical que conta cunha estructura audiovisual tradicional e vai dirixido a un público maduro. O programa da galega basa o seu liderazgo nesa fidelidade que caracteriza aos luareiros e ás luareiras.

O "modelo Luar" leva moito tempo funcionando pero nada é eterno e esta fidelidade durará ata que se esgote unha fórmula que semella inesgotable no contexto galego e/ou ata que algunha proposta da competencia enganche aos televidentes galegos desa franxa horaria/diaria.
E, ¿Que pasa alén de Pedrafita? Pois no contexto estatal o líder da noite do pasado venres foi ¿Donde estás corazón?
Etiquetas: Marga Román
Comments:
Publicar un comentario